O Xuvenil A seguirá un ano máis na División de Honra

22 de Maio de 2026
O Xuvenil A do Compos competirá por sexta tempada consecutiva na División de Honra, máxima categoría xuvenil.
  • Cunha recta final de liga decisiva, os nosos aseguraron a súa presenza na División de Honra, máxima categoría xuvenil, por sexta tempada consecutiva

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

O Xuvenil A da SD Compostela certifica unha nova permanencia na División de Honra. Os nosos acadan así a súa sexta tempada consecutiva na máxima categoría do fútbol xuvenil nacional e consolídanse entre os mellores do panorama estatal.

O conxunto capitaneado por Suso Álvarez protagonizou un inicio de curso prometedor, sumando tres vitorias nos seis primeiros encontros e logrando, ademais, un meritorio empate ante o RC Celta, que acabaría proclamándose campión da categoría.

Tras un momento complicado no ecuador da primeira volta, o equipo soubo recompoñerse e pechou o ano natural cunha dinámica positiva, competindo de ti a ti cos conxuntos máis potentes. Nese tramo, destacou o empate fronte ao Sporting de Gijón e a importante vitoria por 1-3 en Santander ante o Racing.

Xa na recta final, os nosos deron un paso adiante cun sprint decisivo, no que sumaron cinco triunfos nos últimos nove partidos, resultados que permitiron asegurar o obxectivo da permanencia.

Deste xeito, o Xuvenil A reafirma o seu crecemento e continuidade nunha das competicións máis esixentes do fútbol base nacional. Un logro que volve situar a Santiago de Compostela entre as cidades con presenza na elite do fútbol xuvenil estatal e que permitirá que o orgullo picheleiro continúe representado, por sexto ano consecutivo, na máxima categoría.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🩵🤍 Compos e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club👉 Edición limitada de 1⃣0⃣0⃣ unidades da emblemática elástica dos nosos anos na 1ª División⚽️ Este domingo, lanzamento exclusivo a 60€ para abonados✍️ sdcompostela.com/gl/2026/06/12/compos-zico-historia-camiseta/🏟️ Ademais, tamén se poderá adquirir a bufanda por 10€ e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25€👉 Estas promocións só estarán dispoñibles no punto habilitado na bancada de Tribuna durante o partido fronte ao CF BadalonaEn caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes poranse á venta o luns, na tenda oficial, a 75€#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
𝑁𝑜𝑛 ℎ𝑎𝑖 𝑑𝑜𝑢𝑠 𝑠𝑒𝑛 𝑡𝑟𝑒𝑠...Repetimos este domingo, Armental??📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.