II Torneo As Cancelas, organizado pola Canteira Picheleira

22 de Maio de 2026
O II Torneo As Cancelas, patrocinado polo Centro Comercial, terá lugar o sábado 6 de xuño.
  • O sábado 6 de xuño, o Campo das Cancelas acollerá o torneo patrocinado polo Centro Comercial para categorías benxamín e prebenxamín

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2026

A Canteira Picheleira presentou esta mañá a segunda edición do Torneo F8 As Cancelas, que organizará o próximo sábado 6 de xuño no Campo Municipal das Cancelas. Unha xornada lúdica e deportiva, patrocinada polo Centro Comercial, para categorías Benxamín e Prebenxamín.

Un total de 24 equipos formarán parte desta xornada de convivencia na que non só se disputarán partidos durante todo o día, senón que, grazas ao patrocinio de As Cancelas, tamén haberá actividades lúdicas para o desfrute dos cativos, sorteos de premios e moitas sorpresas máis.

Dende o club agradecemos ao Centro Comercial a aposta, unha vez máis, por este torneo, para nenos e nenas de 6 a 10 anos, no que se fomentarán os valores positivos do deporte. Ademais, grazas ao seu apoio, a inscrición é totalmente gratuíta para todos os equipos participantes.

 

Formato do Torneo de Fútbol 8.

No Torneo As Cancelas participarán un total de 24 equipos, doce por categoría, dividindo a xornada en dúas fases. Pola mañá, disputaranse os partidos da Fase de Grupos, divididos os clubs en catro liguiñas de tres conxuntos cada unha. Pola súa banda, pola tarde, manterase a disposición da primeira edición, para que todos os equipos disputen un número similar de partidos.

En función da clasificación da mañá, cada equipo entrará na Fase Ouro, Prata ou Bronce, na que se medirá a equipos que quedaran no seu mesmo posto pola mañá. Deste modo, haberá tres equipos gañadores en cada categoría, fomentando a participación por igual.

Por último, destacar que a entrega de Trofeos, como curiosidade, se fará na planta superior do Centro Comercial As Cancelas, unha vez finalice o Torneo.

 

Presentación no Centro Comercial.

A segunda edición do Torneo As Cancelas foi presentada esta mañá na planta superior do Centro Comercial, coa presenza de Miguel Fernández, xerente da SD Compostela, e Javier Nicolás, xerente do CC As Cancelas e Pilar Lueiro, concelleira de Deportes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.