Borja Yebra, novo director deportivo da SD Compostela

26 de Xuño de 2026
Borja Yebra, novo director deportivo da SD Compostela.
  • Borja Yebra liderará a área deportiva do Compos, reforzando a estrutura do club

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026

Borja Yebra González (Chantada, 1983) é o novo director deportivo da SD Compostela. O exxogador galego liderará a área deportiva do club nesta nova etapa na Segunda Federación. A incorporación de Yebra, unha persoa que coñece moi ben a categoría e todo o fútbol galego, reforza a nosa estrutura deportiva para que o proxecto compostelanista siga dando pasos firmes cara arriba.

Yebra toma as rendas da dirección deportiva do Compos despois de sete anos como delegado en Galicia da Asociación de Futbolistas Españois (AFE).

Alén do seu traballo nos despachos, o novo director deportivo do Compos conta cunha longa traxectoria futbolística ás súas costas. Desde o seu debut en 2004 ata a súa retirada en 2021, pasou polo CD Ourense, Universidade das Palmas, Atlético Ciudad, Guadalajara, Marbella, Boiro e Coruxo. Principalmente, desenvolveu a súa carreira na Segunda División B, con máis de 400 partidos e 15 tempadas.

Agora, dá un paso máis na súa carreira deportiva, afrontando o reto de dirixir a estrutura deportiva da SD Compostela, cargo que asume con moita ilusión e compromiso.

Benvido, Yebra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.