O Compos despide a tempada coa recepción oficial no Concello

25 de Xuño de 2026
O Compos puxo o broche ao fin da tempada do ascenso coa recepción oficial no Concello de Santiago.
A alcaldesa e toda a corporación municipal felicitaron ao equipo polo ascenso.
A corporación municipal, co equipo, no balcón do Pazo de Raxoi.
O equipo luciu unhas camisetas coa imaxe do ascenso á Segunda RFEF.
O equipo fixo unha ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago.
Todo o equipo da SD Compostela no altar maior da Catedral de Santiago.
Tralos actos oficiais, os nosos disfrutaron da comida fin de tempada no Asador Gonzaba.
  • A corporación municipal felicitou ao equipo, nun día no que o primeiro plantel tamén fixo unha Ofrenda ao Apóstolo e desfrutou dunha comida no Asador Gonzaba

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026

A SD Compostela puxo o broche institucional á Tempada 2025/26 este martes 23 de xuño. Tras chegar de Badalona co ascenso a Segunda RFEF na mochila, os nosos foron recibidos no Concello de Santiago por toda a corporación municipal. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, así como as restantes formacións políticas, felicitaron ao equipo polo logro conseguido.

Así mesmo, a xornada tamén serviu para realizar unha Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral, onde foron recibidos polo deán Manuel Jesús Formoso. Neste acto, os capitáns colocaron unha bufanda compostelanista ao Santo.

E, para pechar a xornada, todo o equipo desfrutou da tradicional comida de final de tempada no Asador Gonzaba, colaborador oficial do club.

Ademais, como curiosidade, cabe destacar que a SD Compostela chegou á praza do Obradoiro nun autobús do ano 1981 de Autocares Meijide, patrocinador do club.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.