Jordan Sánchez volve á súa casa para cabalgar a banda de San Lázaro

14 de Xullo de 2026
Jordan Sánchez regresa ao Compos, a súa casa, tras dez tempadas en equipos de Segunda B e Primeira Federación.
  • O defensa Jordan Sánchez regresa ao Compos despois de dez tempadas en equipos de Segunda B e Primeira Federación

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

Despois de 10 anos, Jordan Sánchez (Ourense, 05/01/1991) volve á súa casa. O experimentado lateral convértese en nova fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2026/27. Firma ata 2027, tras catro campañas ao máis alto nivel nas filas do Arenteiro, as tres últimas na Primeira Federación.

O novo xogador da SD Compostela coñece moi ben o Vero Boquete, e é que, coa camiseta branquiazul, sendo aínda ben mozo, comezou a despuntar na súa carreira futbolística. Foron tres tempadas e media (o primeiro medio ano en Terceira e os outros tres na Segunda División B) nas que se fixo coa banda dereita de San Lázaro, disputando 100 encontros e marcando 13 goles.

Con 35 anos, regresa ao Compos tras unha última etapa ao máis alto nivel co Club Deportivo Arenteiro. Co equipo do Carballiño disputou 144 partidos oficiais en catro tempadas, sendo fundamental tanto para o ascenso á Primeira Federación como nas históricas salvacións na categoría de bronce do fútbol nacional.

Esta foi a súa última experiencia lonxe de Compostela, nun periplo de dez anos no que pasou polo Sabadell, Arenas de Getxo, Linense, Alcoyano e Zamora, todos eles equipos de Segunda B e Primeira Federación.

Coa ilusión de volver á súa casa, Jordan asina no Compos para achegar ritmo, traballo constante e versatilidade ao equipo. Acostumado a xogar cun alto nivel de esixencia, combina un bo despregamento físico con criterio na toma de decisións, sendo un xogador capaz de adaptarse a diferentes situacións e achegar equilibrio ao colectivo.

Deste modo, a súa gran capacidade para competir a un alto ritmo durante os noventa minutos, así como a súa entrega, a súa predisposición ao esforzo e o seu compromiso, dotarán ao cadro dirixido por Carlos de Lerma dun perfil de moito nivel para Segunda Federación.

Nesta nova etapa no seu Compos, Jordan chega co obxectivo de poñer a súa calidade ao servizo do equipo desde o primeiro día. Así, mañá sumarase aos adestramentos para comezar unha ilusionante tempada.

Benvido de volta, Jordan!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.