Miguel Prado, experiencia e xerarquía para a defensa do Compos

15 de Xullo de 2026
Miguel Prado, novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27, na que aportará experiencia e xerarquía á defensa.
  • O central asturiano Miguel Prado, cunha sólida traxectoria na categoría, chega procedente do Ourense CF

Santiago de Compostela, 15 de julio de 2026

Un reforzo de primeira para o centro da zaga: Miguel del Prado Barrio (Xixón, 31/03/1999) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27. O central asturiano chega tras tres tempadas no Ourense CF, onde foi peza fundamental no ascenso e no seu paso pola Primeira Federación. Firma ata xuño de 2027.

Miguel Prado, aos seus 27 anos, é un defensor cunha consolidada traxectoria na categoría, que aportará experiencia, xerarquía e regularidade á zaga branquiazul. Un central que destaca pola súa solidez, a súa contundencia nos duelos, o seu dominio do xogo aéreo e a súa capacidade para iniciar o xogo desde atrás. Calidades todas elas que foron valoradas pola dirección deportiva para acometer a súa fichaxe.

Chega ao Compos de Segunda Federación tras tres grandes tempadas no Ourense CF. Na cidade das Burgas disputou 112 partidos, 92 deles coma titular, superando amplamente os 2.000 minutos de xogo cada campaña, mesmo chegando aos 3.000 na última. Estes datos amosan a súa importancia no equipo, tanto para acadar o meritorio ascenso da 23/24, sendo campións do Grupo 1, como nos dous cursos na Primeira Federación. E, como non, nas históricas eliminatorias da Copa do Rei. Ademais, tamén mostrou o seu poderío nas xogadas a balón parado, marcando 4 goles.

Formado na canteira do Sporting de Xixón, con anterioridade, tamén pasou polas filas da UD Llanera, en Terceira; e polo Marino de Luanco, en dúas etapas, e SD Formentera na Segunda Federación. En total, na categoría suma 81 encontros.

Coa ilusión de afrontar este novo reto na súa carreira, Miguel Prado achegará a súa seguridade defensiva e o seu carácter competitivo ao bo facer do equipo. E farao xa desde mañá, uníndose á pretempada branquiazul.

Benvido, Miguel!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.