-
O dianteiro xerundense Buba, de 21 anos, adáptase a todas as posicións do ataque e procede do Xetafe B
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026
Boubacar Ba Ba “Buba” (Girona, 18/08/2004) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27. O polivalente dianteiro xerundense, de 21 anos, procede do Xetafe B, da Segunda Federación, e firma ata xuño de 2027.
Buba é un dianteiro centro de 1,88 metros, que destaca pola súa potencia física, a súa capacidade para fixar aos centrais e a súa mobilidade nos últimos metros. O seu perfil combina traballo sen balón, intensidade na presión e presenza na área, características que encaixan coa identidade competitiva que busca o proxecto do Compos.
Alén do seu xogo de costas e da súa capacidade para gañar duelos aéreos, achega desmarques de ruptura e unha gran predisposición para o esforzo colectivo, o que lle permite adaptarse ás diferentes posicións do ataque, tanto como único punta como tirado a calquera das bandas.
Formado nas categorías inferiores de clubs como o Llagostera, o Europa ou o Cádiz, a súa corta idade pasou pola Terceira Federación, nas filas do La Palma e do Diocesano, onde marcou 9 goles; e xa se estrou na Segunda Federación co Xetafe B, conxunto do que chega a Santiago para continuar coa súa progresión.
Con mocidade, marxe de crecemento e experiencia no fútbol nacional, Buba afronta este novo reto coa ilusión de seguir evolucionando e axudar ao Compos a alcanzar os seus obxectivos nunha tempada ilusionante.
Ao mesmo tempo, coa súa fichaxe, a SD Compostela suma así para o seu ataque talento, compromiso e ambición para afrontar unha tempada chea de retos. Un perfil moi completo que se sumará mañá mesmo aos adestramentos do primeiro equipo.
Benvido a túa nova casa, Buba!




