-
En marcha o primeiro prazo de “O Camiño do Norte”, exclusivo para renovacións, ata o próximo 27 de xullo.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026.
“O Camiño do Norte”: xa está aquí a agardada nova campaña de abonos da SD Compostela para a Tempada 26/27, a do regreso á Segunda Federación. Desde xa, comeza o prazo para as renovacións de abonos para a liga que empezará o próximo 7 de setembro. Unha vez máis, toda a emoción estará na bancada de Tribuna.
Como en anteriores ocasións, os abonos pódense realizar en liña, na Oficina ou na Tenda Oficial do club:
Enlace Renovación Online: https://sdcompostela.compralaentrada.com/.
Para esta tempada, e ao igual que o pasado ano, póñense en marcha varios tramos:
Ata o 27 de xullo (incluído):
- Renovacións para a mesma bancada e mesmo asento.
28 e 29 de xullo:
- Cambio de asento*.
* Para o cambio de asento non é necesario esperar para renovar o abono. Pódese realizar a renovación no primeiro prazo e despois, neses dous días, solicitar o cambio de localidade. Habilitaranse todas aquelas que quedasen libres.
A partir do 28 de xullo, non se garante que se manteña o mesmo asento, xa que a localidade da pasada tempada quedará liberada a partir desta data.
A partir do 30 de xullo:
- Novas altas e renovacións.
Categorías e prezos.
Os prezos dos abonos, segundo a categoría, son os seguintes:
| Categorías | Renovación | Alta nova |
| De 3 a 17 anos | 15€ | 20€ |
| De 18 a 30 anos | 60€ (40€ con Carné Xove) | 70€ (50€ con Carné Xove) |
| De 31 a 65 anos | 130€ | 160€ |
| Máis de 65 anos | 120€ (100€ con Carné +65) | 140€ (120€ con Carné +65) |
Para o regreso á Segunda Federación, da man da Dirección Xeral de Xuventude, recuperamos tamén o desconto co Carné Xove. Ademais, este ano tamén se inclúe o desconto para as persoas que posúan o Carné +65 da Xunta de Galicia. En ambos casos, por telo, o desconto é de 20€ sobre o prezo orixinal.
Ademais, ábrese de novo a Bancada de Animación, que terá un 10% de desconto respecto ao prezo de cada categoría.
O abono inclúe:
- Todos os partidos que o Compos dispute no Vero Boquete da liga Regular e a Copa Federación.
- Os amigables de pretempada que o equipo dispute como local, incluído o duelo contra o Deportivo da Coruña deste próximo sábado 18 de xullo.
- O carné físico (informarase da forma de entrega nos próximos días).
- A reserva de asento (excepto Bancada de Animación).
- Os partidos do Xuvenil A de División de Honra.
- Un 10% de desconto na “ComposTenda”.
Promocións exclusivas con Toxo Telecom e Mobify.
Entre as vantaxes de realizar o abono da SD Compostela na Tempada 26/27 inclúense dúas grandes promocións con patrocinadores do club.
Con Toxo Telecom poderás recuperar o importe do teu abono se contratas a súa tarifa de “Fibra e Móbil”. Neste senso, se te dás de alta como novo cliente na compañía galega devolveránseche as cotas ata o importe total do abono da SD Compostela e desfrutarás dun 10% de desconto adicional ata final de tempada.
Pola súa banda, se xa es cliente, terás o 10% de desconto nas túas cotas ata final da tempada.
Para beneficiarte desta promoción, deberás realizar a túa contratación na tenda física de Toxo de Santiago de Compostela, situada na rúa Xeneral Pardiñas, 21.
Con Mobify, empresa que lidera a mobilidade sostible da SD Compostela, por ser abonado da SD Compostela e se te das de alta na súa aplicación, terás un agasallo de benvida de 10€. Este crédito estará dispoñible no moedeiro da app, para que se poida empregar na primeira viaxe. Para iso, deberase seguir o seguinte procedemento.
Paso 1: Realizar o abono e darte de alta na aplicación.
Paso 2: Enviar un mail a info@mobify.es co asunto exacto “Campaña Abonados Compos”, achegando foto do carné de abonado, foto do DNI e correo electrónico co que te deches de alta na app.
Paso 3: Unha vez recibida e comprobada a información, ingresaranse os 10€ no teu moedeiro, nun prazo máximo de 5 días.
Puntos de renovación e horarios.
Web oficial:
Páxina de abonados da SD Compostela: https://sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/.
Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete):
Luns a venres: De 10.00 a 14.00 horas.
A oficina permanecerá pechada do 8 ao 15 de agosto e os venres do mes de agosto.
Compostenda (Rúa da Raíña, 8):
Luns a sábado: De 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.





