Antón Guisande, goles e verticalidade para o Compos de Segunda Federación

8 de Xullo de 20260
Antón Guisande, un dos grandes artífices do ascenso do Compos, renova ata xuño de 2027.
  1. Antón Guisande, despois de ser fundamental para o ascenso, renova por unha tempada máis

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

Antón Guisande seguirá defendendo a camiseta da SD Compostela na Segunda Federación. O atacante pontevedrés, un dos principais artífices do ascenso, seguirá achegando cos seus goles e a súa verticalidade ao bo facer do equipo na nova categoría. Amplía o seu contrato ata xuño de 2027.

Deste xeito, Antón Guisande cumprirá a súa segunda campaña en Compostela, unha cidade na que encaixou á perfección. O seu traballo incansable, a súa garra e a súa calidade marabillaron a todos, polo que a súa continuidade era unha prioridade.

Na súa tempada de debut como branquiazul, Antón Guisande foi un dos grandes protagonistas do ascenso. Disputou 38 partidos, rozou os 3.000 minutos de xogo, o cuarto que máis do plantel, marcou 11 goles e repartiu 4 asistencias para os seus compañeiros. O seu dobrete en Vilagarcía ou o seu gol na ida contra o Badalona quedaron na retina de todos, aínda que as súas actuacións salientables prolongáronse durante todo o ano.

Agora, tralo seu segundo ascenso consecutivo a Segunda Federación (o curso anterior promocionara coa UD Ourense), debutará na categoría co obxectivo de seguir achegando o máximo ao equipo.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso gran delegado, AnteloMoitos parabéns!!! A desfrutalo!!!E moitas grazas polo teu traballo e compromiso, sempre ao servizo para o mellor do Compos 🩵🤍 📸 Ignacio Castaño Gómez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Ces Cotos, equilibrio, personalidade e bo trato de balón para o centro do campo do Compos⚽️ O mediocentro venezolano, con ampla experiencia no fútbol galego, chega do Utebo, da #SegundaFederaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/21/ces-cotos-fichaxe-compos-26-27/#benvidocescotos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.