Diego Uzal, un pulmón para Segunda Federación

8 de Xullo de 2026
Diego Uzal, Jugador Cinco Estrellas da Tempada 25/26, seguirá no Compos na Segunda Federación.
  • O “Jugador Cinco Estrellas” da Tempada 25/26, Diego Uzal, amplía o seu contrato ata xuño de 2027

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

A SD Compostela 26/27 seguirá desfrutando un ano máis da fortaleza de Diego Uzal. O designado pola afección como o “Jugador Cinco Estrellas” da pasada tempada, tras acadar o ascenso, amplía o seu contrato ata xuño de 2027.

Deste xeito, o club asegúrase a continuidade do xogador de campo máis utilizado polo corpo técnico en Terceira Federación, con máis de 3.400 minutos disputados. Así, o Compos de Segunda Federación terá un pulmón sobre o verde e un capitán dentro e fóra do campo.

Na súa primeira campaña na capital galega, Diego Uzal disputou 39 partidos, perdéndose só un encontro en toda a tempada por sanción, alternando a posición de mediocentro e central, sendo fundamental en ambas. Ademais, marcou un gol.

Coa súa renovación, Diego Uzal regresará, como o Compos, á Segunda Federación, categoría que coñece á perfección e na que buscará seguir demostrando a súa fortaleza e gran nivel futbolístico.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.