Antón Guisande, velocidade e gol para o ataque do Compos

25 de Xuño de 2025
Antón Guisande ficha pola SD Compostela.
  • Antón Guisande chega desde a UD Ourense, onde foi clave para o ascenso sendo o pichichi do equipo con 10 goles

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025

Velocidade e gol para o ataque da SD Compostela: Antón Guisande Fernández (Pontevedra, 09/06/2000) é novo xogador do Compos. O atacante pontevedrés chega desde a UD Ourense, coa que logrou o ascenso a Segunda RFEF sendo o pichichi do equipo con 10 goles. Firma por unha tempada.

Antón Guisande é un atacante polivalente, que se desempeña principalmente como extremo, aínda que tamén pode actuar como dianteiro centro, e que destaca pola súa velocidade, desequilibrio e capacidade goleadora. Estas calidades demostrounas na súa última etapa na UD Ourense, conxunto desde o que chega a Compostela tras ser peza fundamental para acadar o ascenso.

Nesta última campaña na UDO, na que o equipo de As Burgas conseguiu o título de Liga, o novo xogador branquiazul disputou 32 encontros, 28 como titular e 2.500 minutos de xogo, anotando 10 goles, pichichi do equipo.

Foi a última das súas tres campañas en Ourense, todas elas en Terceira Federación, pechando unha etapa de crecemento con 101 partidos disputados, nos que asinou 16 goles.

Anteriormente, e tras formarse nas categorías inferiores do Areosa, comezou a súa carreira deportiva no Pontevedra, conxunto ao que chegou no seu último ano de xuvenil. De División de Honra saltou ao filial, de Preferente, no que estivo tamén tres tempadas, dúas delas afectadas pola pandemia. Con todo, chegou aos 60 partidos disputados, nos que asinou 20 goles.

Con esas dúas experiencias ás súas costas, agora chega ao Compos co obxectivo de seguir crecendo, de continuar coa súa proxección e lograr un novo ascenso á Segunda RFEF.

Benvido, Antón!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de adestramentos🏟️ Preparación para o regreso a nosa casa, trala suspensión da xornada pasada#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.