Edu Sousa, un gato para a portería do Compos

10 de Xullo de 2026
Edu Sousa, novo porteiro da SD Compostela para a Tempada 26/27.
  • Edu Sousa achegará reflexos, seguridade e experiencia á portería compostelanista

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

Eduardo Daniel Sousa Iglesias (Tui, 15/07/1991), máis coñecido como Edu Sousa, é novo porteiro da SD Compostela para a Tempada 26/27. O experimentado arqueiro tudense chega ao Compos cunha sólida traxectoria ás súas costas, con máis de 300 partidos entre Segunda División B, Primeira e Segunda Federación. Firma por unha campaña.

Coa súa incorporación, o Compos reforza o seu plantel cun porteiro recoñecido pola súa seguridade baixo paus, os seus reflexos felinos e a súa personalidade. Ademais, trátase dun perfil de xogador que achegará experiencia e liderado ao grupo, tanto dentro como fóra dos terreos de xogo.

Estas calidades, unidas ao seu rendemento deportivo nas últimas campañas, levaron á dirección deportiva encabezada por Borja Yebra a acometer a súa fichaxe.

Edu Sousa chega a Compostela trala súa segunda etapa no Pontevedra, conxunto no que desenvolveu boa parte da súa carreira, con 10 tempadas e 326 partidos oficiais disputados. Neste último periplo disputou tres campañas nas que acadou un ascenso á Primeira Federación.

Ademais, o gardameta, formado en canteiras como a do Atlético de Madrid e Deportivo, tamén xogou dúas tempadas no Talavera, na Segunda División B e Primeira RFEF, así como unha no Deportivo da Coruña, tamén en Primeira Federación.

Agora, emprende unha nova aventura na súa carreira deportiva, fichando na SD Compostela. Un novo reto que afronta con ilusión, ambición e moitas gañas.

“Poder chegar ao Compos é unha ilusión moi grande, á vez que unha responsabilidade tamén moi grande, porque sei que chego a un club histórico, a un club que estivo no máis alto do fútbol español, e iso fala por si só. Afronto esta etapa con moita ilusión, con moita ambición, e intentaremos desde o principio achegar o noso gran de area para que o Compos sexa un equipo gañador, un equipo que teña as cousas claras e optar ao máis alto”, destaca a nova fichaxe do Compos.

Benvido, Edu Sousa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.