Edu Sousa, un gato para a portería do Compos

10 de Xullo de 2026
Edu Sousa, novo porteiro da SD Compostela para a Tempada 26/27.
  • Edu Sousa achegará reflexos, seguridade e experiencia á portería compostelanista

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

Eduardo Daniel Sousa Iglesias (Tui, 15/07/1991), máis coñecido como Edu Sousa, é novo porteiro da SD Compostela para a Tempada 26/27. O experimentado arqueiro tudense chega ao Compos cunha sólida traxectoria ás súas costas, con máis de 300 partidos entre Segunda División B, Primeira e Segunda Federación. Firma por unha campaña.

Coa súa incorporación, o Compos reforza o seu plantel cun porteiro recoñecido pola súa seguridade baixo paus, os seus reflexos felinos e a súa personalidade. Ademais, trátase dun perfil de xogador que achegará experiencia e liderado ao grupo, tanto dentro como fóra dos terreos de xogo.

Estas calidades, unidas ao seu rendemento deportivo nas últimas campañas, levaron á dirección deportiva encabezada por Borja Yebra a acometer a súa fichaxe.

Edu Sousa chega a Compostela trala súa segunda etapa no Pontevedra, conxunto no que desenvolveu boa parte da súa carreira, con 10 tempadas e 326 partidos oficiais disputados. Neste último periplo disputou tres campañas nas que acadou un ascenso á Primeira Federación.

Ademais, o gardameta, formado en canteiras como a do Atlético de Madrid e Deportivo, tamén xogou dúas tempadas no Talavera, na Segunda División B e Primeira RFEF, así como unha no Deportivo da Coruña, tamén en Primeira Federación.

Agora, emprende unha nova aventura na súa carreira deportiva, fichando na SD Compostela. Un novo reto que afronta con ilusión, ambición e moitas gañas.

Poder chegar ao Compos é unha ilusión moi grande, á vez que unha responsabilidade tamén moi grande, porque sei que chego a un club histórico, a un club que estivo no máis alto do fútbol español, e iso fala por si só. Afronto esta etapa con moita ilusión, con moita ambición, e intentaremos desde o principio achegar o noso gran de area para que o Compos sexa un equipo gañador, un equipo que teña as cousas claras e optar ao máis alto”, destaca a nova fichaxe do Compos.

Benvido, Edu Sousa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU Club Portugalete Fundado 1909 🆚️ COMPOS📸 Nacho Castaño #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Portugalete#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
MAÑÁ DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🏟️ La Florida🕦 11:30 horas🎟️ 16€ Adultos | 8€ 15-24 Anos | 2€ 6-14 Anos📺 www.footballclub.pro/#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Club Portugalete Fundado 1909 👉 Os nosos xa iniciaron a viaxe para o País Vasco#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 2🩵🤍 O adestrador do Compos analizou como está o plantel, as claves do partido contra o Portugalete e o estilo que quere imprimirlle ao equipo #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.