Álex Gil, maxia para a parcela ofensiva do Compos

11 de Xullo de 2026
Álex Gil, novo xogador da SD Compsotela para a Tempada 26/27.
  • O atacante valenciano Álex Gil, con pasado recente no Ourense CF, chega procedente do Numancia

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2026

Álex Gil Rochina (Valencia, 22/10/1997) achegará maxia ao ataque da SD Compostela en Segunda Federación. O futbolista valenciano chega tras unha última campaña no Numancia, onde disputou o play off de ascenso, e firma ata xuño de 2027.

Aos seus 28 anos, Álex Gil é un futbolista contrastado na categoría, que destaca pola súa velocidade e desequilibrio no un contra un. Un xogador versátil, que pode actuar en ambas bandas ou mesmo de mediapunta, e que posúe unha gran capacidade para achegar desborde, verticalidade e traballo constante para o equipo. Todas estas calidades foron valoradas pola dirección deportiva para acometer a súa fichaxe.

Neste senso, o polivalente atacante é un exemplo de responsabilidade, traballo e compromiso, uns valores que demostrou na súa única etapa en Galicia, nas filas do Ourense CF. No cadro ourensanista foi fundamental para conseguir o título de liga e ascenso a Primeira Federación, no seu primeiro ano, e tamén tivo un bo papel na meritoria salvación do curso seguinte. En total, na cidade das Burgas disputou 75 partidos, marcando 6 goles e achegando 14 asistencias.

Ademais, tamén conta con experiencia no Grupo 1 da categoría. Á citada tempada no Ourense, hai que sumarlle este último ano no Numancia, onde disputou 33 partidos, marcando un gol; así como a campaña 21/22 co Navalcarnero. No cadro madrileño estivo dous cursos (o outro enrolados no Grupo 5), nos que disputou dúas promocións de ascenso a Primeira, participando en 64 partidos e anotando 9 goles.

Formado na canteira do Levante, equipo co que debutou na Segunda División B, tamén pasou polo filial do Alcorcón.

Agora, regresa a Galicia con gañas de afrontar un novo desafío na súa carreira deportiva e axudar ao Compos, co seu traballo, calidade e bo xogo, a lograr grandes obxectivos.

Benvido, Álex Gil.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.