-
O club agradécelles o seu traballo e contribución para conseguir o ascenso
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2026
Jorge Valín, Aarón Martínez, Jorge Maceira, Charly López, Diego Rodríguez e Riki Mangana non continuarán na SD Compostela esta tempada 26/27.
O club quere agradecerlles a todos eles o seu traballo, contribución e profesionalidade durante esta etapa defendendo a camiseta compostelanista, sendo partícipes para conseguir o obxectivo do ascenso á Segunda Federación.
Ao mesmo tempo, quere desexarlle a maior das sortes para o seu futuro persoal e deportivo.
Moitas grazas e moita sorte!




