Unai Peón seguirá crecendo no Compos

11 de Xullo de 2026
Unai Peón continuará na SD Compostela tralo seu gran papel neste último medio ano e debutará, aos seus 22 anos, na Segunda Federación.
  • O mediocentro Unai Peón continuará coa súa proxección futbolística, debutando en Segunda Federación

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2026

Da man do Compos, Unai Péon dará un paso máis na súa prometedora carreira. O novo mediocentro de San Sebastián seguirá co seu crecemento futbolístico coa camiseta branquiazul. Tralas súas boas actuacións na segunda volta da pasada campaña, tendo un papel importante para o ascenso, estrearase en Segunda Federación coa SD Compostela.

A continuidade de Unai Peón é un recoñecemento ao seu traballo e bo rendemento. Aos seus 22 anos, asumiu con creces o reto do Compos, disputando máis de 1.000 minutos a gran nivel en media tempada. En total, participou en 21 encontros, 11 deles coma titular, nos que repartiu ademais tres asistencias. Precisamente, a última delas foi crucial para acadar o ascenso, xa que foi o encargado de arrincar a xogada e dar o pase de gol no 3-0 da ida contra o Badalona.

Agora, dará un novo paso na súa carreira, da man do Compos, debutando na Segunda Federación. Un reto que, estamos seguros, asumirá con suficiencia, demostrando o seu constante crecemento e as súas impoñentes calidades futbolísticas, que poñerá ao servizo do equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.