-
A nova camiseta branquiazul, da man de Adidas e coa marca Xacobeo 2027, rememora unha das camisetas máis históricas do club
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026
Un recordo á historia da SD Compostela. 30 anos despois, o Compos lanza unha camiseta que rememora a da Tempada 96/97, unha das máis icónicas do club. Da man de Adidas e coa marca Xacobeo 2027, o novo equipamento para a Tempada 2026/27 evoca tradición, orgullo e compostelanismo.
A nova camiseta do Compos loce con orgullo a marca Xacobeo, emblema da nosa cidade, con motivo da celebración do próximo Ano Santo.
Con Manu Rivas e Edu Sousa como modelos, a nova indumentaria foi presentada esta mañá na tenda Bulideira do barrio de San Lázaro, nun acto no que se combinou a tradición cultural e musical galega co deporte.
Estará á venda a partir do luns 20 de xullo, cun prezo de 67,95€ (os abonados teñen un 10% de desconto), nas canles habituais: a Tenda Oficial da Rúa da Raíña e na páxina web de Fútbol Emotion (https://www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela).
Ademais, como novidade, a camiseta quedará exposta no escaparate da tenda Bulideira, situada na porta de entrada a Compostela do Camiño Francés, promovendo a exposición internacional da marca Compos.
Que comece o baile!







