-
Suso Álvarez continuará tras acadar a salvación na máxima categoría do fútbol xuvenil
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026
Suso Álvarez continuará unha tempada máis como adestrador do Xuvenil A de División de Honra da SD Compostela. O técnico de Padrón seguirá liderando o principal equipo da Canteira Picheleira, tras acadar a salvación a pasada campaña.
Con el, tamén renova todo o corpo técnico, apostando pola estabilidade do proxecto. Así, estará acompañado un ano máis por Raúl Bralo, Noé Freire e Manuel Antelo.
O Xuvenil A do Compos botará a andar mañá, iniciando a pretempada, coa máxima ilusión. Será o sexto ano consecutivo do equipo na máxima categoría do fútbol xuvenil.




