Ces Cotos reforza o centro do campo do Compos

21 de Xullo de 2026
O mediocentro venezolano Ces Cotos, con ampla experiencia no fútbol galego, é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27.
  • O mediocentro venezolano Ces Cotos conta con ampla experiencia na Segunda Federación e achegará equilibrio, personalidade e bo trato de balón ao equipo

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026

César Alejandro Rodríguez Cotos (07/03/2000, Barquisimeto -Venezuela-), máis coñecido como Ces Cotos, é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27. O mediocentro venezolano de 26 anos, con amplo coñecemento do fútbol galego, chega procedente do Utebo, da Segunda Federación.

Ces Cotos é un centrocampista dinámico, con percorrido e que destaca pola súa capacidade para ofrecer equilibrio ao equipo, tanto en tarefas defensivas como na construción do xogo. A súa lectura dos espazos, a intensidade na presión ou a intelixencia táctica son algunhas das súas principais virtudes.

Do mesmo xeito, como ven demostrando na súa traxectoria futbolística, conta cun excelente trato do balón e moita personalidade, o que lle permite dar continuidade ao xogo e conectar con facilidade as distintas liñas do equipo.

Todas estas virtudes, así como a súa polivalencia para adaptarse ás diferentes posicións do centro do campo, convérteno nun perfil moi completo.

Ces Cotos chega ao Compos tras unha última tempada e media no Utebo FC, do Grupo 2 da Segunda Federación, xogando a gran nivel. Co conxunto aragonés disputou 34 partidos, nos que marcou 3 goles.

Formado na canteira do Deportivo da Coruña, conta ademais con experiencia en clubs como o Ourense CF, o filial do Club Deportivo Lugo ou o San Sebastián de los Reyes, así como un breve paso polo Olimpiakós Volou do fútbol grego. Cabe destacar ademais que debutou na Segunda División co primeiro equipo lucense, disputando 4 partidos, ao que se engade un máis na Copa do Rei.

Coa súa incorporación, a SD Compostela 26/27 suma un xogador en plena madurez deportiva, preparado para achegar traballo, regularidade e rendemento inmediato no regreso do club á Segunda Federación. Con este obxectivo, mañá súmase aos adestramentos do Compos.

Benvido, Ces Cotos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.