Edu González, xuventude e proxección para o ataque branquiazul

22 de Xullo de 2026
Edu González, novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27.
  • O polivalente atacante de 21 anos Edu González chega procedente da Sarriana, equipo co que debutou na Segunda Federación a gran nivel

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026

Polivalencia e xuventude para o ataque da SD Compostela 26/27: Edu González (Madrid, 14/04/2005) é novo xogador branquiazul. O prometedor atacante chega procedente da Sarriana, equipo co que debutou na Segunda Federación.

Aos seus 21 anos, Edu González destaca pola súa versatilidade para moverse polas diferentes posicións do ataque, o seu compromiso no traballo colectivo, a súa calidade para o último pase, así como polo seu excelente golpeo de balón. Ademais, conta cunha ampla marxe de crecemento, calidades todas elas que levaron á dirección deportiva a apostar pola súa incorporación.

Nado en Madrid, pero criado na localidade pontevedresa de Redondela dende pequeno, Edu González formouse nas categorías inferiores do RC Celta, aínda que rematou a súa etapa formativa no CD Choco, co que acadou un ascenso á División de Honra e debutou co primeiro equipo sendo xuvenil, marcando mesmo un gol.

Tras acabar xuvenís, continuou a súa progresión no Gran Peña, da Terceira RFEF, sendo un dos xogadores que máis chamou a atención da categoría, xa que disputou 3.000 minutos de xogo e marcou 5 goles. Este rendemento deulle a posibilidade de debutar na Segunda Federación coa Sarriana.

Así, durante a pasada tempada, na súa estrea na categoría, o novo xogador branquiazul disputou 30 partidos oficiais, 19 deles coma titular. En total, rozou os 2.000 minutos de xogo, nos que anotou 5 goles e repartiu 2 asistencias, sendo un dos xogadores máis importantes do conxunto lucense pola súa mobilidade, intensidade e capacidade para chegar á área rival.

Agora, chega ao Compos coa ambición de seguir crecendo e demostrando o enorme potencial que posúe. Para iso, desde hoxe xa adestrou ás ordes de Carlos de Lerma.

Benvido, Edu!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.