Rafa de Vicente, experiencia e xerarquía para o centro do campo do Compos

23 de Xullo de 2026
Rafa de Vicente, novo xogador da SD Compostela para a Tempada 26/27.
  • Rafa de Vicente, con experiencia na Segunda B e Primeira Federación, aportará creatividade e visión do xogo á medular branquiazul

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

A SD Compostela suma experiencia, xerarquía e calidade para o seu centro do campo coa fichaxe de Rafa de Vicente (Málaga, 18/07/1993). O centrocampista malagueño, cunha dilatada traxectoria no fútbol nacional, reforzará a zona medular do equipo branquiazul para esta tempada na Segunda Federación.

Rafa de Vicente é un centrocampista cunha gran intelixencia táctica e que destaca pola súa excelente visión de xogo, criterio na distribución do balón e capacidade para marcar o ritmo dos partidos.

Ademais das súas calidades futbolísticas, sobresae tamén pola súa personalidade, liderado e capacidade para asumir responsabilidades no verde, podendo aportar a súa experiencia e coñecemento futbolístico.

Neste senso, o novo xogador do Compos, formado na canteira do Málaga, desenvolveu gran parte da súa carreira na Segunda División B e Primeira Federación, formando parte de clubs de referencia do fútbol nacional como o Real Murcia, o Recreativo de Huelva, o Real Racing Club de Santander ou o Deportivo da Coruña.

A todos eles, hai que sumar tamén experiencias máis recentes no San Sebastián de los Reyes, no Marbella FC, onde coincidiu co noso adestrador Carlos de Lerma; no San Fernando e no La Unión Atlético, último club polo que pasou.

Ao longo da súa traxectoria disputou 249 encontros, repartidos en 11 tempadas, entre a antiga Segunda B, Primeira e Segunda Federación, sendo protagonista en varios proxectos que loitaron polo ascenso, incluídos os acadados co Racing e o Marbella.

Deste modo, coa súa incorporación, a SD Compostela suma un futbolista contrastado, preparado para liderar o centro do campo e achegar a xerarquía necesaria nunha tempada tan esixente como ilusionante.

Para facelo posible, hoxe xa se incorporou aos adestramentos do equipo, nesta segunda semana da pretempada.

Benvido, Rafa de Vicente!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.