Dani González, un peloteiro para a medular do Compos

27 de Xullo de 2026
Dani González, nova fichaxe da SD Compostela para a Tempada 26/27,
  • Dani González, con ampla experiencia na categoría, chega do Arenteiro, da Primeira Federación

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2026

A SD Compostela continúa reforzando o seu plantel coa incorporación de Dani González García (Reinosa -Cantabria-, 29/01/2002). O centrocampista cántabro, con ampla experiencia na categoría, chega do Arenteiro, da Primeira Federación, e únese ao proxecto branquiazul para a Tempada 2026/27.

Dani González é un centrocampista dinámico, con bo trato de balón, percorrido e capacidade para interpretar diferentes rexistros do xogo. Ademais, destaca polo seu compromiso, a súa intensidade sen balón e a súa facilidade para incorporarse ao ataque desde segunda liña. Estas características permítenlle tamén adaptarse a varias posicións na medular.

Formado nas categorías inferiores do Real Racing Club, deu o salto ao fútbol sénior co seu filial, o Raio Cantabria, onde se consolidou como unha das súas pezas máis salientables, disputando 149 encontros en cinco campañas, nas que anotou ademais 28 goles. Especialmente destacable foi a última delas, na que xogou 34 encontros, 33 deles coma titular, nos que marcou 11 goles e repartiu 6 asistencias. Cabe destacar tamén que participou en 4 partidos co primeiro equipo racinguista.

Finalizada a súa etapa en Cantabria, o seu rendemento abriulle as portas do CD Arenteiro, co que competiu a pasada campaña na Primeira Federación, disputando 32 partidos oficiais, 30 de liga, nunha categoría de máxima esixencia. Unha experiencia que lle permitiu seguir crecendo como futbolista e adquirir unha importante madurez competitiva.

Coa súa chegada, a SD Compostela incorpora mocidade, calidade, intelixencia táctica e experiencia na categoría a un proxecto que segue tomando forma, co obxectivo de afrontar a nova tempada coa máxima ambición.

Benvido á túa nova casa, Dani!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.