Rubén Vilela, carácter e futuro para a defensa do Compos

28 de Xullo de 20260
Rubén Vilela, carácter e futuro para a defensa do Compos.
  • O central sub23 Vilela chega ao Compos tras acadar o ascenso á Primeira Federación co Deportivo Fabril

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026

Xuventude, carácter e futuro para o plantel da SD Compostela: Rubén Vilela Montes (Ribadeo, 29/04/2005) é novo xogador compostelanista. O central, con ficha sub23, aportará á defensa branquiazul talento, solidez e unha gran proxección. Chega ao Compos tras acadar o ascenso á Primeira Federación co Deportivo Fabril.

Vilela é un central contundente, de gran envergadura, seguro no xogo aéreo e con boa saída de balón. Un defensor que destaca tamén pola súa intelixencia táctica, o seu compromiso defensivo e a súa marxe de crecemento. Aos seus 21 anos, dá un paso máis na súa cuarta carreira, co obxectivo de seguir evolucionando e achegar consistencia á liña defensiva.

Formado na canteira do RC Deportivo da Coruña, a nova fichaxe compostelanista medrou futbolísticamente en Abegondo desde categoría infantil, completando unha salientable traxectoria ata consolidarse no Fabril. Co segundo equipo coruñés, co que debutou sendo xuvenil, disputou esta pasada campaña once encontros, oito deles coma titular, axudando a conseguir o ascenso.

Ademais desta experiencia na Segunda Federación, Vilela conta tamén con pasado na Terceira, xa que estivo cedido un curso na Sarriana, conxunto co que tamén acadou o ascenso de categoría. Co equipo lucense disputou 28 encontros, a metade deles coma titular, superando os mil minutos de xogo.

Nesas dúas tempadas como sénior, ademais de ensinar un importante crecemento futbolístico, mostrou a súa personalidade, fiabilidade defensiva e capacidade para competir ao máximo nivel. Por iso, coa súa incorporación, o Compos suma un futbolista mozo, ambicioso e cun valioso ADN competitivo, o cal encaixa á perfección no proxecto deportivo do club.

Con esa ambición e esas gañas de competir, e con dous ascensos consecutivos ás súas costas, Vilela sumouse esta mañá aos adestramentos do equipo, ás ordes de Carlos de Lerma.

Benvido ao Compos, Rubén!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.