Turbi dá o salto ao primeiro equipo do Compos

29 de Xullo de 20260
Turbi promociona ao primeiro equipo da SD Compostela, tras ser moi importante no xuvenil de División de Honra.
  • Turbi, tras rematar a etapa xuvenil co División de Honra, será parte do primeiro equipo

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026

Adrián de la Fuente López “Turbi” (Santiago de Compostela, 18/01/2007) dá o salto á SD Compostela. O canteirán, que leva desde o comezo da pretempada ás ordes de Carlos de Lerma, ascende así ao primeiro equipo tras rematar con éxito a súa etapa xuvenil co División de Honra.

Coa súa incorporación, o adestrador compostelanista contará cun futbolista polivalente, xa que pode actuar por ambos carrís, así como en calquera das posicións de tres cuartos de campo. Así mesmo, Turbi destaca pola súa velocidade e desborde e unha gran capacidade para desequilibrar desde o un para un, así como para atacar espazos e xerar ocasións de perigo.

Con 19 anos, o canteirán conta tamén cunha gran marxe de crecemento, tanto a nivel táctico como físico, un potencial moi valorado polo club.

O novo xogador do primeiro equipo chegou á Canteira Picheleira en idade xuvenil, formando parte primeiro do Conxo Santiago e promocionando ao División de Honra do Compos no seu segundo ano, equipo no que tamén estivo a tempada pasada. Na máxima categoría do fútbol formativo foi un fixo no once compostelanista, sendo peza fundamental para acadar a salvación en ambas ocasións.

Ademais, cabe destacar que nestas pasadas tempadas era un habitual dos adestramentos do primeiro equipo, participando tamén na pasada pretempada, na que marcou un gol.

Desta forma, Turbi seguirá coa súa progresión na SD Compostela.

Moitos parabéns, Adrián!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.