Compostela e o seu Mercado de Abastos protagonizan o segundo equipamento

31 de Xullo de 2026
Os xogadores do Compos posando coa nova camiseta.
Presentación da nova segunda camiseta do Compos no Mercado de Abastos con: Jordan, Marta Rey, xerente da Praza; Pilar Lueiro, concelleira de Deportes; Miguel Prado, Xan Duro, concelleiro responsable do Mercado de Abastos; e Álex Gil. Foto de Nacho Castaño.
Miguel Prado, Álex Gil e Jordan coa nova equipación.
A marca do Mercado de Abastos estará presente na camiseta.
A segunda equipación do Compos recorda aos produtos de tempada do Mercado.
Un lugar significativo da cidade como é o Mercado de Abastos, serviu como punto para presentar a nova indumentaria do Compos.
  • A nova camiseta visitante do Compos, de Adidas, loce tons verdes, característicos da paisaxe compostelá e da estampa da Praza

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

Compostela e o seu Mercado de Abastos protagonizan o segundo equipamento da SD Compostela para a Tempada 2026/27. A nova camiseta visitante, de Adidas, evoca os tons característicos da capital galega e da súa Praza, marca que, como novidade, estará presente na indumentaria.

Deste xeito, o club volve xerar ese vínculo entre cidade e equipo coas súas camisetas. E é que o Mercado de Abastos é un elemento identitario de Compostela, o mesmo que o é o Compos.

A combinación de verdes co azul celeste entronca así os tons típicos da zona vella de Santiago e do Mercado, así como dos produtos da terra que se venden nel, coa cor do equipo, un azul que tamén está moi presente nas peixarías. Ademais, a trama poligonal do frontal da camiseta fai referencia aos edificios da Praza.

Así mesmo, como a primeira camiseta, a indumentaria Adidas leva a marca Xacobeo 2027 no peito, con motivo do próximo Ano Santo, emblema tamén da capital galega.

Por iso, con esta peza, o Compos levará a esencia de Compostela polos campos de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco.

As primeiras unidades da camiseta estarán xa dispoñibles á venda a partir de mañá, 1 de agosto, cun prezo de 62,95€ (os abonados teñen un 10% de desconto), nos lugares habituais: a Tenda Oficial da Rúa dá Raíña e na páxina web de Fútbol Emotion (https://www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela).

 

Posta de longo no Mercado de Abastos.

Con tres das novas caras desta tempada -Álex Gil, Jordan e Miguel Prado- como modelos, a nova camiseta da SD Compostela foi presentada esta mañá no Mercado de Abastos, froito da colaboración entre a Praza e o club para o lanzamento desta indumentaria.

No acto, alén dos xogadores, tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro; o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; e o xerente da SD Compostela, Miguel Fernández.

“Queremos agradecer á Praza de Abastos e ao Concello a súa predisposición para facer esta colaboración, na que buscamos vincular o Compos cun dos puntos máis significativos da cidade. Escollemos o verde, mesturado co celeste, porque é esa cor tan típica dos toldos e das ventás de Santiago, así como da Praza, unha cor que tamén está vencellada aos produtos de tempada. Seguimos sendo así embaixadores da nosa cidade”, sinalou o xerente Miguel Fernández.

“Se hai dúas cousas que son tradición en Compostela son o Mercado de Abastos e a SD. Combinar ambas entidades nunha camiseta é unha das mellores ideas que teño visto nas equipacións do Compos. Como concelleiro responsable da Praza, é un orgullo presentar esta camiseta e faime moitísima ilusión que os xogadores corran a banda lucindo o Mercado de Abastos”, destacou o concelleiro Xan Duro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.