Teofilović, un dianteiro referencia para o Compos

25 de Agosto de 2026
Teofilović é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27.
  • Teofilović, de 1,92 metros de altura, chega cedido polo CD Lugo, da Primeira Federación, para aportar potencia, remate e gol

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026

A SD Compostela 26/27 xa ten ao seu dianteiro referencia: Ognjen Teofilović (Belgrado, 2006) é novo xogador compostelanista. O ariete serbio chega cedido polo Club Deportivo Lugo, conxunto da Primeira Federación, para aportar o seu poderío aéreo, a súa potencia e o seu gol ao ataque do Compos.

Cos seus 1,92 metros de altura, Teofilović é un dianteiro que destaca pola súa presenza física, a súa capacidade para xogar de costas e, especialmente, polo seu perigo dentro da área. Un ‘9’ de referencia que pode ofrecer unha alternativa diferente ao ataque grazas á súa potencia, xogo aéreo e capacidade para protexer o balón ante os defensores.

En todo caso, o seu perfil non se limita unicamente ao xogo físico, xa que posúe unha boa coordinación para a súa altura, capacidade para asociarse cos seus compañeiros e recursos para finalizar con ambas pernas. Ademais, a súa potencia permítelle ser unha ameaza ao espazo.

A pesar da súa mocidade, 19 anos, o novo dianteiro do Compos conta cunha interesante traxectoria formativa nas categorías inferiores do Estrella Roja de Belgrado, un dos clubs máis importantes de Serbia. Na súa etapa xuvenil chegou a conseguir 24 goles en 28 partidos, debutando na UEFA Youth League e sendo internacional sub-19 coa súa selección.

Tras saír do seu país natal, firmou no Lugo, onde o ano pasado xogou 16 encontros, nos que anotou 3 goles. Ademais, nesta pretempada volveu marcou dous goles, nos amigables contra o Celta Fortuna e Deportivo Fabril.

Agora, nesta nova etapa buscará dar un paso adiante no seu crecemento futbolístico da man da SD Compostela. Coas súas grandes condicións e o seu traballo, ten como obxectivo aportar o seu máximo para o bo facer do equipo dirixido por Carlos de Lerma. Para iso, mañá xa se unirá aos adestramentos, nesta recta final da pretempada.

Benvido a Compostela, Teofilović!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.