Roque volve á súa casa

31 de Agosto de 2026
Roque está de volta no Compos. O canteirán vivirá a súa terceira etapa no club.
  • Roque, canteirán compostelanista, regresa ao seu Compos, club no que xa suma 117 encontros en 5 tempadas

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2026

Roque González Delgado (Ames, 09/07/2002) está de volta na súa casa. O canteirán compostelanista regresa ao Compos para aportar o seu traballo, garra, corazón e compromiso na Segunda Federación. Será a súa terceira etapa no club, onde suma 117 encontros disputados repartidos en cinco tempadas.

Con Roque, o plantel da SD Compostela incorpora polivalencia, experiencia na categoría e o valor engadido de coñecer xa o funcionamento do club, o vestiario e a súa contorna. Por iso, aos seus 24 anos, regresa coa ilusión de volver vestir a camiseta branquiazul e contribuír ao crecemento do proxecto.

Neste senso, Roque reencóntrase cun Compos no que medrou como futbolista e no que se consolidou na Segunda Federación. Así, tras un último ano en categoría xuvenil no que acadou o ascenso á División de Honra e debutou co primeiro equipo na Segunda División B, pasou a formar parte do primeiro plantel, disputando 65 encontros en dúas campañas. Despois dun breve paso polo Cartaxena, regresaría no inverno do 2023 para volver ser peza fundamental do equipo durante unha tempada e media, sumando outros 51 partidos.

Agora, retorna tras un curso no Coruxo no que tivo un papel importante, con máis de 2.300 minutos de xogo en 32 encontros (27 como titular). Ademais, co cadro vigués disputou tamén o playoff de ascenso.

Deste modo, Roque inicia esta nova etapa con moita ilusión e moita ambición. Tras estar preparándose durante todo o verán co Estradense, sumarase mañá aos adestramentos do Compos, reforzando así a defensa do conxunto dirixido por Carlos de Lerma e converténdose nunha nova peza moi interesante para un plantel que está preparado para o inicio da Liga, este próximo domingo ás 12:00 horas no Vero Boquete.

Benvido de novo, Roque!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.