A canteira comeza a pretemporada

5 de Agosto de 2016

Santiago de Compostela, a 5 de Agosto de 2016.

Se o primeiro equipo xa está na terceira semana de preparación, os equipos inferiores da SD comezaron esta semana o seu camiño cara a nova tempada. Os equipos da base comezan así un curso no que se produciron moitos cambios nos bancos.

Nesta primeira semana, os dous xuvenís, o cadete A e o infantil xa disputarán partidos amigables que servirán de preparación para a nova campaña que comezará a finais de agosto.

Por tanto, estes son os encontros:

O XUVENIL A, dirixido por primeira vez por Vecho, xogará o DOMINGO ás 19:30 no Novo Campo Do Doce contra o Escravitude.

O XUVENIL B, que comezou a adestrar este ano Ángel Antonio Domínguez, disputará o SÁBADO ás 19:00, no campo de San Martiño en Callobre, o seu primeiro partido de pretemporada contra o E.F. Estradense.

O CADETE A, que arrincou baixo as ordes do seu novo técnico, Guillermo Gil, enfrontarase o SÁBADO ás 12:00 ao Sálvora C.F. no campo Anexo A Fieiteira .

Por último, o INFANTIL desprazarase o SÁBADO ata o campo das Vilas para xogar contra o C.D. Unión ás 11:00.

FICHA DE ENCUENTROS PRETEMPORADA:

XUVENIL A:

Domingo 7 de agosto.

PARTIDO: ESCLAVITUD S.D. – S.D. COMPOSTELA.

HORA: 19:30.

CAMPO: NOVO CAMPO DO DOCE.

XUVENIL B:

Sábado 6 de agosto.

PARTIDO: E.F.ESTRADENSE – S.D. COMPOSTELA.

HORA: 19:00.

CAMPO: SAN MARTIÑO EN CALLOBRE.

CADETE A:

Sábado 6 de agosto.

PARTIDO: SÁLVORA C.F. – S.D. COMPOSTELA.

HORA: 12:00.

CAMPO: ANEXO A FIEITEIRA.

INFANTIL:

Sábado 6 de agosto.

PARTIDO: C.D. UNIÓN –  S. D. COMPOSTELA.

HORA: 11:00.

CAMPO: AS VILAS.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.