Francisco Bustillo visita á SD Compostela

23 de Setembro de 2016
  • O embaixador de Uruguai en España, acompañado doutros mandatarios do consulado e da embaixada, coñeceron de primeira man aos xogadores, corpo técnico, directivos e instalacións compostelás.

Santiago de Compostela, a 23 de Setembro de 2016.

San Lázaro recibiu na xornada de onte, a honrosa visita do embaixador de Uruguai en España, Francisco Bustillo. O mandatario fíxoo acompañado de Ana Teresa Ayala, segunda da embaixada, María del Huerto Areaus, cónsul de Uruguai en Galicia, e Fernando Pérez, oficial da chancelería.

Os catro foron recibidos polo presidente, Antonio Quinteiro, ás 18:30 no exterior do Estadio Municipal de San Lázaro. O máximo mandatario da SD, primeiro presentoulles aos directivos do club e levounos a coñecer aos xogadores e corpo técnico do plantel, que xusto acababan o adestramento nese instante.

20160922_184625_richtonehdr

Francisco Bustillo quixo desexarlle toda a sorte do mundo ao Compostela, ademais de dicir, en tono irónico, que ía mover fíos para traer a Luís Suárez ao Compos e así loitar por chegar á Primeira División Española.

Logo de coñecer a todos os integrantes, sacáronse unha foto de grupo para inmortalizar o momento e Francisco aproveitou tamén para conversar co adestrador Yago Iglesias e con Gonzalo García Recoba, xogador nacido en Uruguai pero afincado en Galicia, e que está adestrando estes días co Compos, mentres agarda coller a viaxe que o leve ao seu próximo destino.

Logo de que os xogadores se retirasen ás duchas, os mandatarios acercáronse a coñecer por dentro o Estadio de San Lázaro, onde lles recordaron os grandes momentos vividos no campo. Foi sobre todo, Javier Bellido, quen levou a voz cantante, falando daquelas experiencias que el viviu de primeira man.

20160922_191759_richtonehdr

A continuación, subiron á sala de trofeos da SD, situada nas oficinas do club, onde contemplaron as fotografías e os trofeos que rememoran a historia do conxunto santiagués.

20160922_192449_richtonehdr

Por último, para terminar a visita, Antonio Quinteiro fíxolle entrega a Francisco Bustillo das camisetas local e visitante deste ano, firmadas por todos os xogadores, e co seu nome e o 24 nas costas, polo día no que se inaugurou San Lázaro.

20160922_192552_richtonehdr

Ademais, tanto a Francisco, como ao resto da comitiva, entregóuselles un carné de socio honorífico, un libro do 50 aniversario, un pin co escudo da SD e un banderín do equipo.

Foi o punto e seguido do acto, xa que Francisco Bustillo asegurou que quere volver a San Lázaro, pero esta vez para gozar dun partido no estadio.

20160922_193813_richtonehdr

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.