Visita do líder a un San Lázaro inquebrantable

9 de Outubro de 2016

saro-dubra

Santiago de Compostela, a 9 de Outubro de 2016.

Duelo de dinámicas. Por unha banda, un Compos que só coñece a vitoria no seu feudo, e polo outro, un Racing Club Vilalbés que aínda non perdeu no que vai de campionato, e que está situado no alto da clasificación con 19 puntos.

Un choque que enfrontará a dous conxuntos opostos, xa que mentres a SD é un equipo totalmente novo, no que apenas seguen tres xogadores do ano pasado, o Vilalbés mantén o bloque do curso anterior, no que remataron en quinta posición en Terceira División, con algunha incorporación como a de Gerardo, un dianteiro que leva seis goles e que Yago Iglesias considera como “un dos dous ou tres mellores xogadores da categoría”.

Por tanto, o técnico riveirense, que non se cansa de explicar que o seu é un proxecto a medio ou longo prazo, asegura que o modelo do Vilalbés “é un claro reflexo do que pode ser o Compostela”, se non en xogo, si nos resultados que trae a paciencia por un proxecto.

Así, o conxunto lucense, “un equipo moi traballado, defensivamente moi rochoso e que ademais ten gol”, está asentado na primeira posición, un lugar que non sorprende ao Yago, quen ten moi estudado ao rival deste domingo, “xa que o ano pasado colliamos os seus rivais e vin moitos partidos seus”. Ademais, o Compos conta tamén co coñecemento de Make, quen xogou moitos anos alí e coñece perfectamente o que quere o adestrador do Vilalbés.

En base a este estudo do rival, e ás calidades potenciais do seu equipo, Yago e os seus mozos esperan cortar a xeira do líder e seguir escalando na clasificación. A pesar de que non poderá contar con dous referentes en ataque como Mitogo, que está convocado coa súa selección nacional, e Martín, cunha lesión muscular, agardan manter o idilio con San Lázaro.

Estas baixas, obrigan ao corpo técnico santiagués a “cambiar o perfil do xogador para esa zona”. Outros xogadores terán a súa oportunidade, polo que estarán extramotivados. En palabras de Yago, “ao final, a capacidade dun equipo de ser competitivo marcaraa a calidade e a profesionalidade da xente que menos xoga”.

Con novidades ou sen elas, o Compos buscará tres puntos máis que o aúpen aos postos nobres da clasificación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.