Que o ritmo non pare en San Lázaro

15 de Outubro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Rv4odhBmTSg” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 15 de Outubro de 2016.

Por segunda xornada consecutiva, San Lázaro será a sede do partido da SD Compostela. O conxunto santiagués enfrontarase a un dos candidatos ao ascenso, o Bergantiños, co claro obxectivo de manter a xeira de vitorias que leva no seu campo, catro de catro.

Despois de xogar contra o líder, e gañarlle, o Compos terá outro duro rival. O Bergantiños, situado no sétimo posto da táboa, con tan só un punto menos que os branquiazuis, é un dos claros favoritos para quedar entre os catro primeiros. Os carballeses son, en palabras de Yago Iglesias, “un equipo que se reforzou moi ben, con xogadores con moita experiencia, e que lle gusta ter o balón”.

O técnico riveirense destaca, por encima de todos, a dous xogadores do seu rival. A Rodri, “un nove referencia, rápido, que haberá que atar moi en curto”, autor o ano pasado de 13 goles no CD Barco, e a Roberto Piñeiro. Aínda así, tamén quere ter en conta a outros futbolistas como Iago Blanco e Álex Pérez, que levan tres goles respectivamente no que vai de campionato. Parar a estes xogadores, e as “entradas desde segunda liña” será importante para lograr un bo resultado.

Para conseguir esa quinta vitoria en San Lázaro, e do curso, Yago Iglesias deberá realizar outra vez variacións no seu once inicial. “Cabrejo e Martín, por unha sobrecarga muscular, e Samu, por unha contusión no dedo gordo do pé” son baixas seguras para o choque. Tres xogadores moi importantes dentro do equipo, e que verán desde a bancada o partido deste domingo.

Outros membros do plantel como Rubén, Mon, Ube ou Cardeñosa, poden ter a oportunidade de adentrarse no once, aproveitando estas baixas. No caso do primeiro, xa disputou o domingo pasado o seu primeiro partido de titular, e podería afianzarse na posición de banda, xa que ademais Mitogo, que chegou este xoves do seu compromiso internacional con Guinea Ecuatorial, está a recuperar a forma, despois dunha viaxe tan longa.

Xogue quen xogue, será un partido de ti a ti, xa que segundo Yago, “o Bergan é un perfil de equipo que lle gusta ter o balón”. Un selo moi marcado polo seu técnico Miguel Figueira, que o ano pasado estaba no Arteixo.

Quen consiga dominar co balón, terá unha oportunidade maior de sacar os tres puntos. Esperemos que sexa o Compos, e que o ritmo non pare en San Lázaro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.