Resurxir compostelanista en A Senra

15 de Xaneiro de 2017
  • Despois de toda unha volta, a SD Compostela sumou o seu primeiro triunfo de visitante, logo dun partido que dominou de punta a cabo.

Celebración do segundo gol. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do segundo gol. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 15 de Xaneiro de 2017.

Tremendo comezo de 2017. Logo do mal resultado ante o Deportivo B, o Compos recupera o sorriso cun triunfo vital ante o Ribadumia. Tres puntos moi importantes non só porque permiten ao equipo de Yago Iglesias achegarse aos postos cabeceiros, senón tamén porque rompen, despois de toda unha volta, o maleficio de non gañar lonxe de San Lázaro.

Os xogadores do Compos saíron ao campo da Senra coa lección ben aprendida e non deron opción algunha a un Ribadumia que non conseguiu lanzar ningún tiro entre os tres paus nos 90 minutos. O dominio visitante foi clamoroso, realizando o mellor partido de visitante da tempada.

O Compos quería sacarse de encima a imaxe mostrada o outro día, tal e como dixo Yago en rolda de prensa, e saíu ao partido a morder. Desde o minuto un levaron o control do mesmo e as ocasións producíanse só nunha das áreas, a do Ribadumia.

A primeira ocasión chegou no minuto 2, cando Cardeñosa remataba unha falta lateral sacada ao punto de penalti, pero o seu cabezazo foise ás mans de Manu Táboas. A seguinte chegou no 20, cando Diego Rey remataba arriba unha xogada individual; e dous máis tarde, era Santi Gegunde o que fallaba. Quedou só diante de Manu, pero o dianteiro lucense non foi capaz de superalo. Outra vez Diego Rey facía sufrir aos afeccionados locais, xa que tras unha asistencia de Recoba, o extremo disparaba entre os tres paus, pero aparecía Manu para salvar de novo aos seus.

Con todo, á terceira foi a vencida para Diego Rey, quen cun disparo cruzado, tras levar ao lateral, superaba a Manu Táboas. Un sensacional tanto que facía honra aos méritos contraídos nesta primeira metade. Era o minuto 39 e o Compos pechaba a primeira parte cun gran resultado, que tranquilizaba os ánimos compostelanistas.

Aínda así, o resultado era curto e os branquiazuis saíron á segunda parte co mesmo ímpeto. Mantiveron a cabeza fría e controlaron o encontro coa posesión de balón. Enlazaron longas xogadas combinadas que, por veces, acababan con ocasións de perigo na área de Manu Táboas.

A máis clara tívoa Recoba no 58. O xogador compostelán sacou a relucir a súa gran calidade para sacarse de encima un gran lanzamento cruzado que despexou coas puntas dos dedos Manu, evitando así que os visitantes ampliasen a súa vantaxe.

Para ver a primeira e única oportunidade clara dos locais tivemos que agardar ata o minuto 77. Como non, foi Changui,  que xogou o seu segundo partido tras recuperarse do seu problema sanguíneo, o que a xerou, pero o seu disparo desde fóra foise por moi pouco.

Os cambios acabaron de relaxar o partido e sería o Compos, cumprindo coa súa superioridade, o que ampliaría a vantaxe xa na prolongación. Co Ribadumia canso, Diego Rey, quen realizou un partido sensacional, centrou á chegada de Tomás, que rematou cruzado ao fondo das mallas.

O árbitro pitou o final e o Compos celebrou a súa primeira vitoria lonxe de San Lázaro, un triunfo que permite aos de Yago Iglesias quitarse un gran peso de enriba, á vez que se achega aos postos de playoff. Sétimos con 32 puntos, a cinco do cuarto, xogarán o vindeiro domingo ante o Céltiga en San Lázaro, onde buscarán a súa segunda vitoria consecutiva. Para iso, o club espera contar co maior público posible, polo que cada socio poderá retirar unha entrada gratis para este encontro, aínda que só en horario de oficina. Co apoio de todos, o rexurdir compostelanista poderase manter durante moito tempo.

FICHA TÉCNICA

0- CD Ribadumia: Manu Táboas; Hugo, Miguel, Jony, Iago Martínez (Gabi, m.68); Agus (Ander, m.68), Mou, Camiño, Anxo; Changui e Fran Fandiño.

2- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa (Cabrejo, min.52), Taboada, Mon; Samu, Ube (Make, min.73); Recoba, Tomás, Diego Rey; e Santi Gegunde (David Nogueira, m.77).

Goles: 0-1: Diego Rey, min.39; 0-2: Tomás, min.91.

Árbitro: Iglesias Melón, colexio vigués. Amoestou a Cardeñosa e a Samu.

Incidencias: Partido da vixésimo primeira xornada de liga de Terceira División disputado no campo de A Senra ante 500 espectadores, 150 santiagueses.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.