Troco de tendencia?

14 de Xaneiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/EmY4A6s7XCE” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A Sociedade Deportiva Compostela xogará este domingo na Senra contra o Ribadumia, buscando a súa primeira vitoria fóra de casa.

Santiago de Compostela, a 14 de Xaneiro de 2017.

Despois “dun mal día na oficina” para comezar a segunda volta, a SD Compostela buscará romper a súa mala xeira fóra da casa, sumando o seu primeiro triunfo lonxe de San Lázaro. Para iso, o domingo ás 16:45h na Senra tentará bater a un Ribadumia ao que xa lle gañou na primeira volta por tres goles a un.

A pesar da claridade dese marcador, logo de vinte xornadas, Compos e Ribadumia están separados por tan só dous puntos. Ambos, instalados na metade da táboa, tentarán sumar de tres para achegarse aos postos de honra da clasificación.

“A liga está moi igualada, con moitos enfrontamentos directos como o que temos este domingo, ao que chegamos coa urxencia de sumar e así dixerir doutra maneira a derrota do outro día”, explica Yago.

Segundo o adestrador branquiazul, o equipo traballou toda a semana duro para lograr a súa mellor versión este domingo e recuperar os bos resultados. “Levabamos desde outubro sen perder e que mellor momento para encamiñar outro refacho así que cunha vitoria o domingo”.

A tarefa non será sinxela, xa que o conxunto pontevedrés “vén cunha dinámica moi positiva, logo de gañar ao Dubra fóra, na reaparición de Changui”. Ademais, o cadro local é moi forte na Senra, onde “levan moito tempo sen perder un partido”.

Aínda así, a pesar de que con Changui no once “o equipo é máis competitivo e eficaz”, Yago ten claro que non se poden fixar só na súa figura: “Teñen un centro do campo dos máis altos da categoría, con Fandiño e Camiño, e despois a Anxo por fóra”. En definitiva, “un equipo moi aguerrido, con experiencia na categoría e un gran adestrador”.

Por último, o Compos terá que adaptarse a un campo de dimensións máis reducidas que San Lázaro, onde “a xente está moi preto apertando”. Por iso, o técnico ribeirense recalcou aos seus xogadores entre semana que “teñen que estar moi concentrados e dar o máximo, tanto a nivel individual como en equipo”.

Quizais na Senra chegue un troco de tendencia que permitiría ao equipo “coller aire fresco para o resto do campionato”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.