Apúntate xa á primeira Cea de Entroido da SD Compostela

30 de Xaneiro de 2017
  • O 24 de Febreiro o Compos realizará este acto no Hotel Porta do Camiño, onde espera contar con todos os compostelanistas.

Cena Carnaval 3
Cartel do acto.

Santiago de Compostela, a 30 de Xaneiro de 2017.

Unha celebración para todos os compostelanistas. A Sociedade Deportiva Compostela celebrará o próximo 24 de febreiro, venres, a súa primeira Cea de Entroido no Hotel Oca Porta do Camiño, un acto ao que todos aqueles afeccionados e seguidores do Compos poderán acudir.

A cea busca por unha banda que a xente llo pase ben, celebrando a festividade de entroidos, e polo outro, que os nosos seguidores poidan coñecer máis de preto a todos os integrantes da entidade, tanto xogadores, corpo técnico, directiva e demais persoas vinculadas ao club da capital de Galicia.

O acto terá lugar o venres 24 de febreiro no Hotel Oca Porta do Camiño, en San Lázaro, a partir das 21:30h. Nel, ademais de cear, sortearanse camisetas ao mellor disfrace de neno e adulto, mentres que os asistentes tamén participarán no sorteo doutros agasallos. Será unha festa para gozar todos en familia.

Para asistir ao acto, os socios terán que pagar 20€, mentres que os que non o son 25€. Para apuntarse poderán facelo nas oficinas do club, de luns a venres, ou ben o día de partido na billeteira do estadio.

A cea consta de sopa de cocido de primeiro, cocido de segundo, sobremesa e café. Para beber, auga e viño. Os asistentes estarán situados en mesas redondas de dez persoas e, ademais, durante a comida e ata o fin de festa, poderán gozar da actuación en directo do cantante Xosé Constenla, así como doutras sorpresas.

Por tanto, estariamos encantados de contar coa túa presenza nesta celebración tan bonita e familiar. Apúntate xa á I Cea de Entroido da SD Compostela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.