Fútbol de salón

29 de Xaneiro de 2017
  • O Compos suma a súa terceira vitoria consecutiva cun triunfo de nivel ante o Alondras.

  • Hat trick de Diego Rey e golazo de Recoba.

Por aí entrou o golazo de Recoba. Foto: Amadeo Rey.
Por aí entrou o golazo de Recoba. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 29 de Xaneiro de 2017.

Vitoria de mérito da Sociedade Deportiva Compostela e xa van tres seguidas. Os homes de Yago Iglesias demostraron hoxe en Cangas que melloraron substancialmente desde o principio de tempada. Esta tarde vimos un Compos sólido, confiado, que se crece ante as adversidades e que é capaz de dominar con bo xogo, mesmo nun dos campos máis difíciles da liga.

Unha primeira parte de gran fútbol combinado e unha segunda, con menos xogo pola presión do Alondras, pero de maior efectividade, serviron aos compostelanistas para alcanzar o seu segundo triunfo seguido fóra de casa e o terceiro en xeral.

Os cen afeccionados que acudiron desde a capital de Galicia puideron gozar non tan só do bo xogo do seu equipo, senón tamén dos golazos marcados por Recoba, no primeiro acto, e os tres de Diego Rey, no segundo.

Saía o Compos ao Campo do Morrazo coa firme intención de seguir coa súa boa dinámica e así o demostrou desde os primeiro instantes. Chovía sobre Cangas e o campo estaba rápido, condición que aproveitaba o equipo de Yago para marear á defensa rival con rápidas paredes.

Nunha delas, no minuto 5, o balón chegaba a Tomás que co seu disparo facía voar a Martín, que o despexaba a córner. Aínda así, o Alondras tamén a tivo cun tiro ao segundo pau de Raúl, que paraba brillatemente Lucas.

Pero o gol estaba máis preto de chegar para os visitantes, e no 28 foi o cántaro á fonte. David Uña sacouse un pase desde o medio campo que rompeu tres liñas, controlou Recoba, e “O Messi da Terceira”, facía unha obra de arte, chutando cunha rosca perfecta ao segundo poste. O balón entrou pola mismísima escuadra. Simplemente imparable.

O tanto sentou ben aos santiagueses, xa que dez minutos máis tarde era Santi o que case anotaba. Un pase da morte de Saro, non era aproveitado polo dianteiro lucense que co porteiro no chan non foi capaz de acertar. Tres máis tarde volvería a tela pero, de forma honrada, tirouna a saque de banda cando estaba só para empuxala. O porteiro local, Martín deixouse o xeonllo cravado no chan, tras un choque con Diego Rey, e gritaba de dor. O gardameta tivo que ser retirado en padiola, mentres que o público aplaudiu ao dianteiro polo seu xesto.

No lugar de Martín entrou Jose, quen sacaba a relucir a súa calidade cunha gran parada ao comezo da segunda. O cancerbeiro, que debutaba hoxe, fíxose grande cando Santi quedou no man a man, e sacou o tiro do lucense.

Con todo, cando o partido parecía controlado, chegou o empate. Mauro, que acababa de entrar ao campo, empalou no punto de penalti a gol, un centro medido de Casti. Un golazo no primeiro balón que tocaba.

Noutras ocasións, este tanto sentaría mal ao equipo, máis aínda se consideramos que nese mesmo instante saía do campo Taboada tocado, pero este Compos é outro. Tirou de experiencia e confianza e sete minutos máis tarde volvería tomar as rendas do choque.

Contra levaba á beira esquerda, onde aparecía Mon para centrar ao punto de penalti, remate de Recoba que Jose despexa ao pau, e o rexeite deste contrólao Recoba, para servirlle un caramelito ao segundo pau a Diego Rey, quen entraba só e empuxaba de cabeza o balón á rede.

E sen tempo para dixerilo, de novo Diego Rey aumentaba a vantaxe. Balón en longo cara á súa carreira, o lucense que se adianta á saída do porteiro local, e cunha vaselina con parábola perfecta, mete o esférico nas mallas.

Con este tanto o encontro parecía controlado, pero non era así. O Alondras tirou de casta e anotou o seu segundo gol, o segundo de Mauro na súa conta, e de igual factura. Centro desde a dereita, este vez de Tubo, e remate do extremo no punto de penalti. Dous bos goles, que permitían aos cangueses seguir enganchados no encontro.

Esta circunstancia facíalle irse arriba buscando o empate, pero aínda que conseguiu manter ao Compos na súa área durante un par de minutos, non conseguiu chegar con perigo. Así foi como no canto do gol local, chegou o visitante.

De novo Diego Rey facía das súas. Caneo nunha baldosa no córner, vaise dun na lateral da área, e desde a altura do primeiro pau sacábase un zurdazo con efecto cara a dentro, que pegaba no segundo poste e entraba. Un soberbio tanto que agora si sería o definitivo. O seu primeiro hat trick coa zamarra branquiazul e o seu quinto gol en tres partidos. Mes perfecto para Dieguiño.

Foi a última ocasión que gozamos nun partido de dez. Serios atrás e efectivos, ao 50 por cento, arriba. Xogo vistoso e goles de película. Este Compos mostra unha contundencia nos seus partidos que tentará aguantar nos próximos meses. Con novo puntos consecutivos, buscarán manter esta liña ascendente as próximas semanas. Co fútbol de hoxe, as vitorias seguirán chegando, seguro.

FICHA TÉCNICA

2- Alondras CF: Martín (Jose, m.43), Casti, Agujetas, Fiuza, Rubén; Abel (Mauro, m.56), Álex; Tubo, Raúl (Fondevila, m.80), Borja; e Pablo.

4- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Uña, Mon; Taboada (Rubén, m.58), Make; Diego Rey, Tomás, Recoba (Cabrejo, m.84); e Santi Gegunde (David Nogueira, m.63)

Goles: 0-1: Recoba, min.28; 1-1: Mauro, min.57; 1-2: Diego Rey, min.64; 1-3: Diego Rey, min.67; 2-3: Mauro, min.71; 2-4: Diego Rey, min.81.

Árbitro: Mendez Castro, colexio coruñés. Amoestou a Borja, polos locais,  e a Uña, Tomás, Nogueira e Rubén, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo terceira xornada de liga de Terceira División, disputado no Campo do Morrazo ante 400 espectores, 120 de eles desprazados desde Santiago.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.