Un, dous… e tres?

28 de Xaneiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/CgldxkBS7hg” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • As condicións climáticas definirán o partido ante o Alondras, un equipo do que Yago e Mon destacan o seu potencial, a pesar do seu posto na táboa.

Santiago de Compostela, a 28 de Xaneiro de 2017.

Tras lograr dous triunfos consecutivos, por segunda vez no campionato, a Sociedade Deportiva Compostela buscará este domingo ás 16:45 no campo do Morrazo o terceiro. Para iso, terá que superar a un Alondras que, a pesar de estar décimo terceiros, ten un gran nivel, con moi bos xogadores, como xa o demostrou en San Lázaro na primeira volta.

En palabras do adestrador compostelanista, Yago Iglesias, “imos tentar manter esa boa liña”. Segundo o adestrador, “témolo como un mes frutífero para lograr cousas bonitas, porque se logramos esta terceira vitoria, verémonos catapultados na clasificación”.

Tanto Yago como Mon apuntan á dificultade para superar ao rival deste domingo. O adestrador marca que polo tipo de xogador que teñen, “espero un partido moi trabado, con moito ritmo físico, tentando custe o que custe que nós non fagamos o noso xogo. Un encontro moi táctico, que se definirá por pequenos detalles”.

Pola súa banda, Mon sinala que coñece a Óscar Fondevila, compañeiro o ano pasado, e por nome algún xogador máis. Ademais, “Lorenzo tamén nos falou moito dos seus compañeiros”. Por iso, Mon cre “que é un equipo con moito potencial, que sairá de aí abaixo seguro, porque teñen moito gol e moita capacidade ofensiva”.

Respecto do seu posto clasificatorio, o técnico tamén quixo recalcar que “a principio de tempada era un candidato ao ascenso, por nome e xogadores. Levan varios anos loitando polos catro primeiros e o seu once titular chama ao respecto. Tiveron un tramo de tempada, onde non terminaron de atoparse, pero levan dúas vitorias seguidas”.

Outro aspecto para destacar é o terreo de xogo, de herba artificial, “aínda que non é escusa, porque levamos varias semanas adestrando en Conxo, que é un terreo de condicións similares”, di Yago. En adicción, o adestrador ribeirense sabe que “é un campo relativamente novo e grande”.

Con todo, se o terreo non será un impedimento, as condicións climáticas se que obrigarán a Yago a optar por un plan ou outro. “Se chove pouquiño e a herba está mollada, beneficiaranos; en cambio se chove máis e se encharca, teremos que expor un plan B, por un xogo máis físico e con outro tipo de xogadores”.

En calquera deles, Mon non terá problema na posición na que lle toque xogar. De feito, cada día séntese máis cómodo en banda. “Cuantos máis partidos xogue aí, máis cousas aprendo dela e máis cómodo me sinto nela”.

Coa referencia da vitoria na primeira volta con gol de Samu no 80, Yago está convencido de que “faremos un moi bo partido e traeremos un gran resultado de alá”. Para iso terá que lidar coa baixa por sanción de Samu e esperar a evolución de Santi Taboada e Ube, quen están entre algodóns. Si estará David Uña, “un xogador que nos achega moita riqueza táctica”.

Buscando seguir con liña marcada nos últimos partidos, o Compos buscará traer de terras sureñas a terceira vitoria seguida no saco.

CONVOCATORIA

2017 01 28 convocatoria

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.