Triunfo do Infantil A nunha mala fin de semana

31 de Xaneiro de 2017

Santiago de Compostela, a 31 de Xaneiro de 2017.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela viviron esta fin de semana unha xornada pouco propicia, xa que sería o Infantil A o único capaz de sacar os tres puntos no seu encontro.

Tras o empate da semana pasada, o xuvenil de Liga Nacional non puido conseguir o seu segundo partido sumando, xa que perdeu por catro goles a tres no derbi contra o CD Conxo.

Os de Vecho foron sempre a remolque no marcador e, pese ao arreón final, non lograron o seu propósito. Os autores dos goles branquiazuis foron Borja Míguez de penalti (2-1), Jorge Martínez en propia porta (4-2) e Jorge Rama (4-3).

Con este resultado seguen décimo sextos, roldando o descenso, polo que buscarán sumar en casa de tres ante o Ourense CF, duodécimo con seis puntos máis que os nosos. O encontro será o sábado ás 16h nas Cancelas.

Do mesmo xeito que o A, o Xuvenil B tamén perdeu o seu partido, aínda que en casa, e métese en problemas clasificatorios. Os branquiazuis fixeron un gran partido ante o Manuel Peleteiro, sexto clasificado, pero este esforzo non foi suficiente para lograr algún punto.

Os santiagueses puxéronse moi pronto por diante, grazas a un gol en propia porta do Peleteiro, pero os visitantes reaccionaron rápido para colocarse 1-3. A diana de Xacobo Insúa no último minuto só permitiría recurtar distancias, polo que os puntos marcháronse das Cancelas.

Para saír desa zona perigosa, o xuvenil xogará ante o Vitoria FC, oitavo clasificado, o sábado ás 16h no Municipal do Sergas.

Tampouco puido sumar o Cadete na súa visita ao CD Unión. Os locais saíron moi enchufados desde o principio, selando un 5-0 definitivo. O gol de Raúl García no 66 serviría para maquillar o resultado final de cinco goles a un.

Na metade de táboa, recibirán a visita do sétimo, o Arzúa, o domingo ás 11:15 nas Cancelas.

A nota positiva da xornada rescatámola do Infantil A, que segue loitando por meterse no playoff de ascenso. Os mozos branquiazuis sumaron un novo triunfo, esta vez no difícil desprazamento ao campo das Viñas para enfrontarse ao Unión, e seguen cuartos clasificados.

Os mozos dirixidos por Juanvi adiantáronse no marcador no minuto 39 co tanto de Gerardo Lago. Logo empatarían os locais, pero sería Martín Rodríguez, no 68, o que pecharía o tenteo final de 1-2.

Así, os infantís seguen cuartos clasificados a sete puntos dos líderes, aos que tentarán achegarse gañando ao Lalín, o sábado ás 12h na Merced, Conxo.

Pola súa banda, o Infantil B non xogou o seu partido ante o CD Rois, o cal foi aprazado para o 25 de febreiro. Deste xeito, chegarán máis descansados ao encontro contra o Milladoiro, do domingo ás 9:30 nas Cancelas.

En canto aos alevíns, o A perdeu o seu terceiro partido no playoff de ascenso. Rubén Sande foi o autor do único tanto dos branquiazuis, na derrota contra o Santiago por 1-4.

Buscando sumar os seus primeiros puntos neste playoff, os branquiazuis xogarán ante o Noia o sábado ás 10h, no Municipal de San Lázaro de Noia.

Mentres, o B non puido facer fronte ao líder destacado da categoría e perdeu por seis goles a un. Alejandro Prado foi o autor do gol do Compos, que naquel instante significaba o empate.

Agora están na metade de táboa, pero a tan só cinco puntos do terceiro, ao que tentarán aproximarse gañando ao segundo, o Vitoria FC, o sábado ás 13:30 en Santa Isabel.

Mentres, o Benxamín non xogou o seu partido, xa que este foi aprazado para este xoves ás 19:30, nas Cancelas.

Por último, Anxo Ferro está convocado este mércores coa selección sub15 de Santiago para un adestramento que se disputará ás 16:30h no Campo da Merced, en Conxo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.