Cicloxénese branquiazul?

4 de Febreiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/0Ixn7DVhrvw” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 4 de Febreiro de 2017.

Se o tempo o permite, a Sociedade Deportiva Compostela xogará este domingo en San Lázaro contra o CD Castro, buscando sumar un cuarto triunfo consecutivo que o levante aínda máis na clasificación. Os mozos de Yago Iglesias chegan lanzados neste 2017 e, a pesar de que a meteoroloxía impediu adestrar con normalidade pola semana, queren que este domingo esta boa liña se prorrogue máis tempo.

Para iso, o conxunto branquiazul deberá superar a un CD Castro que, aínda estando en postos de descenso, non perdeu un partido no que vai de ano. O cadro lucense, de feito, xa conseguiu superar ao Compos na primeira volta por dous goles a un, nun partido no que “nos pasaron por enribaa na segunda parte e gañáronnos merecidamente”, apunta Yago.

Por tanto, os santiagueses están sobre aviso. Non queren sorpresas, polo que aproveitando a falta de adestramento, “traballamos outros aspectos, por exemplo vendo imaxes do rival”.

Para Yago, o Castro é un equipo cunha idea de xogo moi similar á súa. “É un equipo que ten unha idea de xogo moi aberto, tenta iniciar desde atrás, xogar sempre por abaixo”, comenta. Dentro deste modelo, o técnico sinala a tres xogadores chave como son “Xaime, Omar e Iván González, xa que lle achegan ese grao de experiencia a un equipo moi humilde”.

Ademais, tamén verán na portería contraria a un vello coñecido, a Manu Cedrón. O meta lucense, que xogou a primeira volta en Santiago, terá enfronte aos seus antigos compañeiros tentando marcarlle un gol. Non será tarefa sinxela, xa que como apunta Recoba, “é un gran porteiro”, pero “se xogamos ben e creamos ocasións, seguro que algunha entra”.

Nesa faceta goleadora, tanto Recoba como Diego Rey foron os protagonistas nas últimas semanas. O traballo diario está a dar os seus froitos e eles foron os beneficiados nos últimos partidos. “O corpo técnico ve que o equipo está máis afianzado, que o grupo está máis unido, tanto dentro como fóra. O que tanto tempo se traballou na primeira volta está a plasmarse nestas últimas xornadas”, sinala Yago.

O propio Recoba explica que “hai moi bo ambiente, sentíame ben desde o principio, pero agora vas entrando máis en confianza e gozando máis cada vez. Nisto axuda que “estamos a nos entender mellor entre os compañeiros e xogamos case de memoria”.

Agora haberá que esperar ao que diga o tempo, que a tormenta sexa de xogo e non de tempestade ambiental. Desde logo, se chove “temos a sorte de que San Lázaro é un campo incrible e drena moi ben”, di Yago. En palabras do técnico, “queremos xogar, porque é o noso campo, estamos cómodos e é onde se ve a nosa mellor versión”.

Nel tamén se sente cómodo un Recoba que xa non ten en mente unha saída do club. “Estou cómodo coa miña familia en Santiago. Sinceramente, non estou a buscar nada. Estou a planificar que facer para o meu futuro e sorprenderíame a min mesmo, que non acabase aquí o ano”, apunta.

Toda unha alegría para os afeccionados, pero tamén para o adestrador, quen destaca do seu pupilo “a capacidade de facer mellores aos que o rodean e a de asociarse cos xogadores de calidade do equipo”.

Yago, como adestrador, gozou moito o domingo pasado ante o Alondras e espera volver facelo este domingo en San Lázaro. Que todo o mundo que acuda ao campo se entusiasme coa cicloxénese branquiazul.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.