Triunfos importantísimos de ambos xuvenís e o Infantil A

20 de Marzo de 2017

Santiago de Compostela, a 20 de Marzo de 2017.

Aproveitando o tempo excepcional que fixo esta fin de semana, as categorías inferiores da SD Compostela gozaron dunha xornada que aínda que foi asollada para tres dos seus conxuntos, non o foi tanto para outros tres. Ambos os xuvenís e o Infantil A foron os triunfadores dunha fin de semana na que o Cadete, o Infantil B e o Benxamín perderon os seus respectivos encontros.

Adestrador novo, vitoria segura. Ese foi o lema que cumpriu o xuvenil de Liga Nacional, xa que conseguiu superar a un dos galos da categoría, o Pontevedra, por dous goles a cero nas Cancelas.

Con Javier Bellido no banco, os branquiazuis venceron ao cadro granate mercé aos goles de Alberto Cores no 55 e de Borja Míguez no 81.

Este resultado positivo permite ao Compos afastar os postos de descenso, aínda que terá que seguir sumando para evitar problemas con posibles arrastres. Para iso, buscará vencer ao Porriño Industrial, o sábado no Campo de Lourambal.

Do mesmo xeito, logo dunha mala xeira, o xuvenil B logrou volver vencer, neste caso, ao CSD Arzúa por 3-2, no partido que se disputou o domingo nas Cancelas.

A pesar de que os visitantes lograron empatar o encontro en dúas ocasións, o tanto de Daniel Ferreiro no 81 selou o triunfo santiagués. Os outros dous goles dos nosos foron obra dun mesmo home, Daniel Abeijón.

Con tres puntos máis no marcador, os xuvenís achéganse á salvación, aínda que para a semana enfrontaranse ao líder destacado. O partido contra o Sporting Estrada será o sábado ás 16:30 no Municipal Manuel Regueiro.

Pola súa banda, despois de romper a mala dinámica o domingo pasado, o Cadete non puido manter esa boa forma e perdeu por 6-1 ante a Escola Deportiva Xuventude Oroso, conxunto que está a pelexar polo playoff. O tanto branquiazul foi obra de Raúl García.

Con esta derrota os santiagueses vense superados polo CD Boiro, aínda que esperan volver recuperar o décimo posto o vindeiro domingo ás 12:45 nas Cancelas, gañando á SD Cruces.

O terceiro triunfo da fin de semana chegou por parte dun Infantil A que venceu por 0-1 ao Santiago e segue enganchado na parte alta da o táboa, actualmente cuarto clasificado.

Os mozos de Juanvi venceron mercé ao gol de Martín Rodríguez e xa acumulan 62 puntos, que tentarán que sexan 65 o vindeiro sábado, xa que xogarán contra o CD Boiro na Merced ás 10:30.  

Peor sorte correu o equipo de comarcal que caeu derrotado por seis goles a cero na súa visita ao Cordeiro Cf. Tentarán recuperar o sorriso contra o Ulla Pontecesures, o domingo ás 11:15 nas Cancelas.

En canto aos alevíns, ambos descansaron esta semana, recuperando o ritmo de competición o vindeiro sábado. O A xogará en casa ante o Escola Estrada, ás 11:30 en Santa Isabel; mentres que o B xogará ás 9:30, tamén en Santa Isabel, contra o Villestro.

E os benxamíns esta vez non tiveron sorte e perderon por 0-4 ante o La Salle, baixando ao sexto posto do playoff. Volverán competir o vindeiro sábado, ás 15:30 en Santa Isabel, ante o Vitoria FC.

Por último, citar que Jorge Rama e Abril Pazos foron chamados coa selección galega sub18 masculina e sub12 feminina, respectivamente. Jorge adestrará o mércores en Coia, mentres que Abril xogará hoxe un amigable contra o Bertamiráns nas Cancelas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.