Sergio Pereira, terceira incorporación para o Compos

15 de Xuño de 2017
Sergio Arias, no partido contra o Pontevedra. Foto: pontevedraviva.com
Sergio Arias, no partido contra o Pontevedra. Foto: pontevedraviva.com

 

  • O lateral dereito de Santa Comba firma ata xuño de 2019.

Santiago de Compostela, a 15 de Xuño de 2017.

Terceiro lateral para Yago Iglesias. Sergio Pereira Blanco (Santa Comba, 06/11/1996) convértese na terceira incorporación da SD Compostela para a tempada 2017/18. Do mesmo xeito que a segunda delas, Sergio é un lateral, neste caso dereito, de 20 anos e que procede do Somozas, equipo co que xogou na Segunda División B. O mozo coruñés, canteirán do Deportivo, firma por dúas tempadas, ata xuño de 2019.

Sergio é un lateral dereito de gran percorrido, aínda que tamén pode actuar na posición de interior dereito. Chega para competir na demarcación con Saro, buscando o club, deste xeito, que ambos consigan mellorar ao compañeiro.

O xogador de Santa Comba procede do Somozas de Segunda División B, onde xogou o curso pasado tras ser fichado do Silva SD. Na tempada, Sergio disputou un total de once partidos de Liga e dous de Copa Deputación. Na competición doméstica, saíu en nove encontros desde o once inicial, xogando 792 minutos, nos que recibiu catro cartóns marelos. Con el no campo, o Somozas gañou dous encontros, empatou catro e perdeu cinco.

Antes do seu paso por terras ferrolás, Sergio destacou no seu debut na categoría sénior no Silva, paso que deu ao saír do xuvenil de División de Honra do RC Deportivo da Coruña. Co equipo silvista, participou en 26 encontros, 19 deles de titular, axudando ao club a conseguir unha clasificación histórica na Terceira División. Acabaron a tempada no décimo terceiro lugar, salvando con folgura a categoría.

Tras este breve paso por Segunda B, Sergio busca recuperar sensacións na Terceira División, nun proxecto ambicioso como o do Compostela, xa que o seu obxectivo está posto no playoff de ascenso. Coa súa firma, convértese no décimo quinto xogador con ficha do primeiro plantel e no terceiro xogador adquirido, tras as fichaxes de Álvaro Casas e Álvaro Naveira.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.