Naveira: “Ante a chamada do Compos, non dubidei en asinar”

14 de Xuño de 2017
De esq. a der.: Aurelio Novoa, xerente de Compostela Concesionario, Álvaro Naveira e Manu Castiñeiras.
De esq. a der.: Aurelio Novoa, xerente de Compostela Concesionario, Álvaro Naveira e Manu Castiñeiras.

 

  • O xogador coruñés definiuse como un lateral ofensivo, pero que tamén se pon o mono de traballo atrás.
  • Aurelio Novoa, xerente de Compostela Concesionario, confirmou a continuidade de Kia outro ano como patrocinador oficial do club.

Santiago de Compostela, a 14 de Xuño de 2017.

Álvaro Naveira xa está aquí. O mozo coruñés foi presentado esta mañá como novo xogador da SD Compostela, na sede de Compostela Concesionario S.L. O lateral, que asinou por un ano, estivo acompañado polo director deportivo, Manuel Castiñeiras, e o xerente da empresa compostelá, J. Aurelio Novoa.

O futbolista declarou que, tras a chamada do Compostela, non dubidou un instante en asinar: “En tres días resolveuse todo”. Esa rápida decisión debeuse a que “teñen unhas instalacións espectaculares, tanto para xogar como para adestrar, un corpo técnico moi bo e porque o obxectivo do playoff, individualmente, virame moi ben”, comentou Álvaro.

A pesar de que asinou ata xuño de 2018, o lateral esquerdo espera, “se o fago ben”, estar no Compos máis tempadas. Por iso, desexa “empezar a traballar aquí, facelo o mellor posible, gozar, xogar e demostrar o xogador que son”.

Para aqueles que non o coñecen, Álvaro definiuse como “un lateral ofensivo que me gusta chegar á área rival e participar no xogo de ataque, pero ao final son defensa e non teño problema en poñerme o mono de traballo atrás”.

Do equipo actual, o ex canteirán deportivista, coñece a Samu e Ube, de xogar con eles, e moitos outros de telos como rivais. Nese grupo, do que lle falaron moi ben, espera “aclimatarse canto antes”. Do mesmo xeito, espera devolverlle ao club e a Yago Iglesias, co que xa se puxo en contacto, a confianza depositada nel.

Por outra banda, o acto serviu tamén para rubricar a continuidade de Kia como patrocinador oficial do Compos, un ano máis. “Estamos encantados de acompañar tempada tras tempada ao equipo como patrocinadores oficiais e, por iso, damos as grazas ao seu presidente, Antonio Quinteiro, por contar con Compostela Concesionario, e a nosa marca Kia, nunha tempada de gran proxección que virá cargada de éxitos”, declarou Aurelio.

O xerente de Compostela Concesionario, e facendo un símil co seu slogan, “The power to surprise”, está convencido de que o Compos ten “esa capacidade de sorpresa, de marabillar co seu xogo, como reflicte a súa extensa traxectoria, á vez que mostra outras características como a ambición, o esforzo, o traballo en equipo ou a competitividade”, as cales comparte, segundo o seu mandatario, coa empresa automobilística.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.