David Nogueira non poderá seguir no Compos

13 de Xuño de 2017
David Nogueira nunha acción contra o Ordes. Foto: Amadeo Rey.
David Nogueira nunha acción contra o Ordes. Foto: Amadeo Rey.

 

  • Malia o desexo do club, unha oferta laboral impide a súa continuidade no equipo.

Santiago de Compostela, a 13 de junio de 2017.

O dianteiro santiagués David Nogueira Martínez non seguirá na SD Compostela. O xogador santiagués contaba cunha oferta do club, xa que o desexo de todos era que seguise no equipo, pero, a pesar diso, unha oferta laboral impedirá que os camiños de Nogueira e o Compos sigan ligados.

O novo traballo do xogador local é incompatible co horario de adestramentos do equipo santiagués, polo que non poderá continuar na entidade.

Tanto a directiva como o corpo técnico lamenta profundamente a baixa de Nogueira, non só pola perda deportiva, que tamén, senón por todo o que achegaba no persoal. Un loitador e un gran xogador de equipo ao que botaremos de menos.

Nesta segunda etapa na entidade, o dianteiro pechou o ano con 35 partidos xogados, 16 deles de titular, nos que puido anotar seis goles, pero tamén participar noutros tantos anotados polos seus compañeiros. Ademais, achegou un gran traballo, tanto saíndo de inicio, como cando o fixo desde o banco. En todos eses encontros actuou tanto de referencia, como en banda, demostrando a polivalencia que posúe.

Por último, o club quere desexarlle a maior das sortes a David para o seu futuro futbolístico e lembrarlle que as portas da SD Compostela sempre estarán abertas para el. Grazas David.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.