David Rey, novo coordinador de fútbol11 da base

13 de Xuño de 2017
Juanvi, a dereita, no último torneo disputado polo Infantil.
Juanvi, a dereita, no último torneo disputado polo Infantil.

 

  • A figura do coordinador divídese en dous, un para f-11 e outro para f-8

  • O outro responsable será algún ex-xogador do Compos

Santiago de Compostela, a 13 de junio de 2017.

Cambio de sistema na canteira da SD Compostela. Juan Vicente Cameán ‘Juanvi’ deixará de ser o coordinador do fútbol base do Compos, posición que se dividirá para o próximo ano en dous.

Para este novo curso que empeza, ademais do director da canteira, Javier Bellido, existirán as figuras de dous coordinadores, un de fútbol 11 e outro de fútbol 8. Nelas, terán un papel moi importante ex-xogadores da nosa entidade.

Así, o club confirma que para a xestión dos equipos que xogan ao fútbol 11, a persoa encargada de levala será David Rey Ameijenda, quen se acaba de retirar esta tempada enfundando a elástica branquiazul; mentres que segue buscando á persoa encargada de coordinar as categorías de fútbol 8.

Deste xeito, o Compos dá un salto na xestión da base, buscando mellorar o seu rendemento deportivo, á vez que segue achegando uns valores educativos aos mozos. Demóstrase que a entidade quere impulsar a súa canteira, xa que sabe que nos seus éxitos de futuro terán especial valor os nenos que saian das súas categorías inferiores.

Por último, o club quere agradecer a Juanvi o enorme traballo realizado durante estes dous últimos anos, nos que ademais de coordinar, tamén se encargou de dirixir a algún equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Compos e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club👉 Edición limitada de 1⃣0⃣0⃣ unidades da emblemática elástica dos nosos anos na 1ª División⚽️ Este domingo, lanzamento exclusivo a 60€ para abonados✍️ sdcompostela.com/gl/2026/06/12/compos-zico-historia-camiseta/🏟️ Ademais, tamén se poderá adquirir a bufanda por 10€ e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25€👉 Estas promocións só estarán dispoñibles no punto habilitado na bancada de Tribuna durante o partido fronte ao CF BadalonaEn caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes poranse á venta o luns, na tenda oficial, a 75€#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝑁𝑜𝑛 ℎ𝑎𝑖 𝑑𝑜𝑢𝑠 𝑠𝑒𝑛 𝑡𝑟𝑒𝑠...Repetimos este domingo, Armental??📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.