Álvaro Naveira, fichaxe para o lateral esquerdo

12 de Xuño de 2017
Naveira adestrando co primeiro equipo do Dépor. Foto: rcdeportivo.com
Naveira adestrando co primeiro equipo do Dépor. Foto: rcdeportivo.com

 

  • O xogador formado nas categorías inferiores do Deportivo firma por un ano.

Santiago de Compostela, a 12 de Xuño de 2017.

A SD Compostela 2017/18 xa conta cun lateral esquerdo. O coruñés Álvaro Naveira López (08/05/97) ficha polo Compos tras crecer como futbolista nas categorías inferiores do RC Deportivo da Coruña. O xogador ven a ocupar unha posición que quedou deserta este verán tras a retirada de Cabrejo, e firma ata xuño de 2018.

Álvaro é un lateral esquerdo de 20 anos, que deu o salto ao equipo filial deportivista o curso pasado, e que xa debutou co primeiro equipo nalgún partido amigable, a pretemporada pasada. No seu primeiro ano de sénior, o lateral disputou cinco encontros coa elástica branquiazul en Liga, tres deles coma titular, e dous en Copa Deputación, cunha titularidade. Nos sete partidos xogados, o filial deportivista só encaixou tres goles e levou o triunfo en todos eles, agás as semifinais da Copa, nas que perdeu contra o Rácing de Ferrol.

Antes de dar o salto, Álvaro foi un xogador moi importante nas diferentes categorías da base coruñesa, chegando desde abaixo ata o xuvenil de División de Honra, co que apunto estivo de lograr o título de liga na tempada 2014/15. Ademais, na 15/16, chegou a xogar un partido co filial, contra o Cerceda na xornada 26.

Coa firma polo Compos, o futbolista dará o salto a un equipo e cidade diferente. Terá a importante papeleta de suplir a un enorme veterano como Juan Cabrejo, o cal lle dobra en idade, pero desde a directiva esperan que dea o máximo de si e que cumpra á perfección a tarefa de ocupar o carril esquerdo.

Doutra banda, trátase da segunda fichaxe do Compos para a tempada 2017/18, tras a contratación de Álvaro Casas, e o décimo cuarto xogador asinado para o novo curso, na que obxectivo está posto nos catro primeiros lugares da clasificación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.