O cadete campión da Copa de Santiago

12 de Xuño de 2017
O equipo Cadete co trofeo de campión da Copa de Santiago.
O equipo Cadete co trofeo de campión da Copa de Santiago.

 

  • Os mozos de Xenxo acadaron o título tras vencer 1-0 ao Villestro

  • O Infantil terminou cuarto na Copa Sálvora

Santiago de Compostela, a 12 de Xuño de 2017.

Gran fin de semana para as categorías inferiores da SD Compostela. O Cadete, dirixido por Xenxo, logrou, merecidamente, gañar a Copa de Santiago, despois de superar na final ao Villestro. Ademais, o Infantil, tras quedar eliminado da Copa do Sar, conseguiu un gran cuarto lugar na Copa Sálvora.

O protagonista da xornada foi, sen dúbida, o cadete branquiazul. Tras derrotar ao Amio en cuartos e ao Compañía de María en semifinais, presentábanse na final da Copa de Santiago, na que se enfrontaban ao Villestro.

En Santa Isabel viviuse un partido moi igualado que puido caer de calquera lado. Ambos tiveron as súas ocasións, pero non sería ata o minuto 58 cando se decantou a balanza. O heroe da final foi Marcos Andrade, autor do único tanto do partido, tras unha gran asistencia de Raúl García.

Este gol sería ao cabo definitivo para que os mozos branquiazuis levasen a vitoria e puidesen saborear o mel do éxito con este trofeo, co que pechan unha tempada moi positiva.

Nunha categoría menos, o Infantil A, o venres, quedou eliminado nas semifinais da Copa do Sar, xa que perdeu por 3-2 no encontro de volta contra o Milladoiro.

Con todo, os mozos de Juanvi, unidos ao Infantil B, redimíronse cun gran torneo na Copa Sálvora. Gañaron os seus tres partidos de grupos, eliminaron ao CD Unión en cuartos por 5-0, pero caeron derrotados en semis polo Once Caballeros, co mesmo resultado. Despois, na final de consolación, caeu 2-1 ante o Celta. Aínda así, gran clasificación, á que se lle engade, o trofeo recibido por Antía Gómez, mellor xogadora do torneo.

Peor sorte correu o Alevín A, quen no Torneo UIla Pontecesures non puido superar a fase de grupos. Os mozos santiagueses perderon os seus tres partidos da liguiña ante o Pavillón de Ourense, o Conxo e o Santa Mariña. Do mesmo xeito, o Alevín B caeu nos grupos do Torneo de San Mamede.

Ao igual que os alevíns, o Benxamín tamén quedou apeado na fase de grupos, no seu caso, ao igual que o A, no Torneo Ulla Pontecesures. Os nenos santiagueses empataron 1-1 contra o Santiago, 2-2 ante o Carlita e perderon 2-0 có Villagarcía, quedando eliminados.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.