Rober Fernández: “Tentarei axudar como poida para que o equipo acabe o máis arriba posible”

22 de Xuño de 2017
De esq. a der.: Javier Puñal, Jaime Rey, xerente de Segundo Rey S.L., Rober Fernández, e Ramón Castro.
De esq. a der.: Javier Puñal, Jaime Rey, xerente de Segundo Rey S.L., Rober Fernández, e Ramón Castro.

 

  • O extremo considera que será un auténtico luxo a posibilidade de xogar 19 partidos no Estadio de San Lázaro.

 

Santiago de Compostela, ao 22 de xuño de 2017.

Roberto Fernández Martínez foi presentado esta mañá como novo xogador da SD Compostela nas instalacións de Segundo Rey S.L., no Polígono de Milladoiro. O extremo polivalente, acompañado por Ramón Castro, relacións institucionais do club, Javier Puñal, director de márketing, e Jaime Rey, xerente da empresa, pousou ante os medios, tras asinar co conxunto da capital santiaguesa por un ano.

O experimentado xogador porriñés, aínda que tiña outras ofertas, declarou que “cando che chaman certos equipos, non hai moito que pensar, e en Galicia, o Compos, é un equipo referente, polo que foi fácil”.

Rober sabe que chega a un conxunto que parte coa bitola de favorito e pensa que se están dando pasos importantes para a consecución do obxectivo: “Renovaron a gran parte do grupo do ano pasado e retocando certos postos para lograr o que o curso pasado se escapou ao final”, comentou.

Con eses xogadores, explicou que “temos que ser un equipo que leve o peso do partido e que tente gañar todos os partidos, aínda que a ver que nos pide Yago, e a partir de aí, actuaremos”.

Este estilo de xogo considérao beneficioso para as súas características, xa que se define como máis técnico que aguerrido. Ademais, para un xogador de ataque como el, “sempre é máis cómodo que se tente saír co balón xogado desde atrás”, confesou.

Para este modelo futbolístico axudaralles o campo de San Lázaro, terreo que pisou por primeira vez o curso pasado. “Se me pareceu un luxo pisalo unha vez, seráo máis aínda, facelo dezanove veces”, dixo. Para Rober é un estadio dos máis bonitos e cunha herba perfecta. Polos seus límites pasarán gran parte das aspiracións do playoff do Compos, pero para iso, “haberá que ter unha gran solidez defensiva de todo o equipo e arriba ser determinantes”, concluíu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.