Yago Iglesias: “Os xogadores que trouxemos son para dar o salto de calidade que queremos”

20 de Xullo de 2017

 

  • O adestrador analizou o novo persoal e as primeiras semanas de adestramentos.

Santiago de Compostela, ao 20 de xullo de 2017.

A nova SD Compostela púxose en marcha esta semana no campo de Conxo. Os novos integrantes do plantel comezaron a entranar ás ordes dun Yago Iglesias que se sente moi satisfeito co grupo que conformaron.

“A nosa primeiro opción era ter a máxima continuidade posible, o cal logramos nun tempo récord, polo que tivemos tempo para traer a eses xogadores que nos permitan dar ese salto de calidade”, aclara o adestrador.

Aínda que o plantel de 19 xogadores, máis catro canteiráns, pode parecer curto, Yago explicou que, por unha banda, “a mentalidade do club é a de contar con xente de abaixo”, mentres que por outra, “queremos un grupo máis competitivo, no que non teñamos que facer tantos descartes”. Ademais, Yago ten plena confianza nos mozos que soben do xuvenil, xa que “adestraron todo o ano pasado connosco, fixeron unha gran tempada na liga Nacional e pensamos que teñen un gran futuro”. Con todos eles, o primeiro equipo está pechado, fóra de que se ven necesario incorporar algo ao longo da pretempada, non o descartan.

O obxectivo con eses 23 futbolistas será o marcado desde que acabou o curso pasado: “a meta é mellorar o do ano pasado e quedar o máis arriba posible”. Para iso, que se manteña a gran parte do plantel e que este teña un ano de experiencia na categoría achegará moito, segundo apunta o técnico, nunha liga que manterá o nivel, xa que os dous equipos que descenden ocuparán o oco deixado polos tres que ascenderon.

A pesar de todo, para chegar a destino, primeiro hai que empezar aos poucos e, por esta razón, Yago planificou unha primeira semana de adestramentos na que “traballaremos para que os xogadores collan o ton físico, a partir de exercicios con balón”. A maiores, o corpo técnico pretende que estas cinco semanas que quedan por diante, antes do comezo ligueiro, as seis incorporacións poidan axustarse perfectamente aos seus compañeiros.

Para os primeiros quince días terán esta primeira semana de adestramentos e amigable o sábado, e unha segunda de tres partidos e catro adestramentos. En eses encontros, enfrontaranse a rivais importantes, xa que a mentalidade do adestrador é que “canto máis nivel ten o opoñente, máis te espremes e permíteche valorar mellor o nivel competitivo dos xogadores”, concluíu Yago.

Agora só queda esperar que a pretempada permita aos xogadores coller ese pico de forma que desexan desde o corpo técnico para empezar a competición con moi bo pé.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.