A canteira quere repetir a experiencia

3 de Novembro de 2017

Santiago de Compostela, a 3 de Novembro de 2017.

Coa firme intención de manter, ou mesmo mellorar, os bos resultados cultivados o fin de semana pasado, as categorías inferiores da SD Compostela encaran unha prometedora xornada.

O primeiro deles, o xuvenil de Liga Nacional, con todo, quere reverter a súa dinámica, xa que leva varias xornadas sen puntuar. Con todo, a tarefa non será nada sinxela, xa que se enfrontan ao Porriño Industrial. O partido xogarase o sábado ás 12.15 horas no campo do Lourambal.

O domingo será a quenda para o Xuvenil B, que buscarán repetir a vitoria desta xornada pasada. Xogarán en casa, aínda que o opoñente, o Xuventude Oroso, marcha cuarto, polo que será un duro enfrontamento. Disputarase ás 13.00 horas nas Cancelas.

O equipo Cadete é outro que quere reverter a súa situación e así dedicarlle o triunfo a Pablo Barreiro, xogador que se lesionou ante o Amio. Enfrontaranse tamén ao Oroso, aínda que de visitantes. O Liño Balado de Sigüeiro acollerá a cita o domingo ás 11.00 horas.

En categoría infantil, o equipo para xogará o domingo nas Cancelas, 9.30 horas, contra o Bertamiráns, mentres que o B quere manterse na parte alta da táboa e para iso tentará vencer ao Vista Alegre, o sábado ás 10.00 horas na Mercé.

En canto aos alevíns, o A e o B xogarán en Santa Isabel o sábado. O primeiro ás 9.30 horas contra o Atlético Fátima e o B, segundo clasificado na súa Liga, contra o Vista Alegre ás 10.30 horas.

Por último, o Benxamín quere sumar o seu primeiro punto na clasificación e para iso medirase ao La Salle, o sábado ás 18.30 horas nas Cancelas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.