Facer bos os dous empates

4 de Novembro de 2017
Yago Iglesias na rolda de prensa previa ao encontro.
Yago Iglesias na rolda de prensa previa ao encontro.

 

  • Sergio Pereira, Alberto Freire e Róber son baixa para o partido.

  • O Compos leva tres vitorias en casa en seis encontros.

Santiago de Compostela, a 4 de Novembro de 2017.

Dous empates, en dúas xornadas. Este é, ata o momento, o balance de resultados da SD Compostela nesta semana frenética, polo que o obxectivo é volver sumar de tres para facer bos os dous empates ante Arousa e Alondras. Lograríase así, ademais, romper a xeira de dous encontros sen gañar no fortín branquiazul.

O partido do mércores, a pesar do bo resultado cultivado, deixou varias feridas de guerra, que provocan que Yago Iglesias non poida contar con todos os seus efectivos. A Sergio Pereira, que segue sen estar ao 100%, únenselle Alberto Freire, cunha escordadura de xeonllo, e Róber, cunha sobrecarga muscular. A maiores, “David Uña está entre algodóns e veremos como está o domingo”, explicou Yago. Quen se está perfecto, tras o seu mareo do outro día, é Primo.

Estes xogadores serán os encargados de acabar a semana sumando de tres en San Lázaro. O adestrador asegura que “os resultados en casa poden parecer máis negativos que fóra, pero hai que analizar os rivais que viñeron”. Por iso, comenta que para realizar unha valoración dos resultados en casa haberá que esperar ao final da primeira volta, ou mesmo algo máis. Con todo, “a idea de xogo, tanto en casa como fóra, está clara e o que queremos é dar un salto de calidade nos resultados en casa”, asegura.

En respecto ao ao rival, o técnico aclara que, a pesar do que poida dicir a clasificación, “levan unha idea vistosa de xogo, con bo trato de balón e moita calidade do mediocampo para adiante”. Por iso, esperan que queiran dar a sorpresa, do mesmo xeito que logrou na Copa Deputación, polo que “temos que ser un equipo serio, responsables coa posición na que estamos e, sobre todo, porque estamos diante da nosa afección”.

Do mesmo xeito que ante ao Arousa, o público debe ser ese xogador número 12 que axude a lograr unha vitoria ante o Noia, un triunfo que pode ser aínda máis bo se pensamos que hai enfrontamentos entre rivais directos. A partir das 17.00 horas, o tapete de San Lázaro ditará sentenza. Todos queren facer bos os dous empates anteriores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.