O Compos vístese de líder

5 de Novembro de 2017
Primo arma a perna na xogada do terceiro gol, nun encontro patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
Primo arma a perna na xogada do terceiro gol, nun encontro patrocinado pola Bodeguilla de San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
  • Catro dos goles chegaron en xogadas a balón parado.

  • Tomás anotou o seu primeiro gol da tempada.

  • A SD Compostela iguala co Silva no alto da táboa.

Santiago de Compostela, a 5 de Novembro de 2017.

Obxectivo cumprido e con premio incluído. O Compos tiña o reto de facer bos os dous empates ante o Arosa e Alondras e fíxoo cun triunfo claro por 3-2 ao Noia, aínda que tivo que superar o gol inicial dos visitantes. Tres puntos que supoñen a cuarta vitoria en San Lázaro e que permiten, tras a derrota do Silva na casa, situar ao equipo no alto da táboa.

As xogadas a balón parado tiveron moita incidencia no encontro, xa que catro dos cinco tantos chegaron en accións deste tipo. Na primeira metade, o Noia adiantábase cun tanto de Piñeiro, nun córner, pero remontaban os nosos con senllos córners rematados por Cardeñosa e Tomás. Na segunda, tras o golazo de Primo no minuto 70, David Suárez recortaba distancias desde o punto de penalti, pero a vitoria quedaba na casa.

Seguindo coa política de rotacións nesta semana frenética, Yago Iglesias deu entrada a cinco xogadores novos e frescos respecto do mércores pasado. Con todo, a entrada ao partido non lle sentou nada ben ao Compos, xa que un Noia moi valente levou o perigo nos primeiros minutos.

Aínda que non tiña ocasións, si que roubaba o balón en campo rival e conseguía xogadas a balón parado ao seu favor. Así, nun córner, Lucas sacaba na liña un centro directo de Jon, xogada de estratexia que repetiría cinco minutos máis tarde, no que foi o gol visitante. Esta vez, o balón quedou morto na área pequena e Piñeiro, moi listo, empuxaba de punteira á rede.

Saltaba a sorpresa no San Lázaro de Santiago, pero o Compos non se puxo nervioso. Comezou a apertar á defensa rival e xerou as primeiras aproximacións, aínda que non estaba acertado no último pase.

Desta forma, o gol chegaría, do mesmo xeito que para os visitantes, nunha xogada de córner. Mon botaba o balón parado ao punto de penalti e alí aparecía Cardeñosa para, tirándose en prancha, cabecear o balón á rede. Era o minuto 34.

E tamén de córner, no último minuto da primeira parte, chegaría o segundo. Desde o lado dereito, Álex Ares centraba raso ao pico da área para Tomás e o mediapunta soltaba un gran disparo de primeiras que entraba pegado ao pau da meta de Pajarillo.

O Compos remontaba o encontro na última xogada do primeiro tempo, un tanto psicolóxico. Con vantaxe, o Compos saíu máis tranquilo no segundo tempo e puido aumentar a renda pronto, pero Primo, nunha contra, e Cardeñosa, nun córner, chegaron forzados á hora de definir.

Non aproveitou o arreón o Compos e a punto estivo de custarlle caro, xa que nunha rápida contra, Ferreiro quedaba só, recortaba cara adentro e tiraba, pero o seu lanzamento íase ao pau, aínda que Lucas estaba a cubrir ben a zona.

Sería a súa opción, xa que non tiñan o balón e os nosos xeraban todo o perigo no partido. Así, no minuto 70, nunha rápida contra, Primo anotaba o terceiro. Sobrido asistía ás costas da defensa, o dianteiro recurtaba co taco e pegáballe de primeiras ao pau longo, sen que Pajarillo puidese facer nada.

Coa vantaxe, o Compos gozou de máis espazos á contra e puido anotar o cuarto en varias delas. As máis claras, unha de Santi, que se atopaba con Pajarillo, e outra de Samu, que desde a frontal soltaba un gran disparo que saía rozando o pau.

Con todo, co partido máis que controlado, o árbitro sinalaba un penalti de Ube a Bendaña, nun saque de falta, que convertería David Suárez. Ademais, o propio mediocentro vigués acababa expulsado por dobre amarela.

Co tanto e contra dez, o Noia foi en busca do empate, pero a máis clara sería para o Compos á contra, aínda que Álex Ares non atopou a portería na vaselina. Pechouse con esa xogada o encontro, co que os tres puntos volveron ao fortín branquiazul.

Custou, pero cos tres, e cinco na semana, o Compos é o novo líder da clasificación da Terceira División, empatado co Silva. Toca xa pensar na difícil visita ao campo do Couto, o vindeiro domingo, para poder manter esta nova posición.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Mon; Ube, Samu; Álex Ares, Tomás (Santi, m.62), Rubén (Sobrido, m.58); e Primo (Diego Rey, m.79).

2- CF Noia: Pajarillo; Rubén, Tachi, Bendaña, Dani; Moure, Jon; Ferreiro, Canabal, Hugo (David Suarez, m.78); e Piñeiro.

Goles: 0-1: Piñeiro, min.14; 1-1: Cardeñosa, min.34; 2-1: Tomás, min.46; 3-1: Primo, min.70; 3-2: David Suarez, min.87.

Árbitro: López Parga, colexio lucense. Expulsou a Ube (m.86) por dobre amarela e a Abelenda (m.46) por protestar desde o banco. Amoestou a Primo, polos locais, e a Jon, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo cuarta xornada de liga de Terceira División disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 900 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎅⚽ PARTICIPA ⚽🎅🏃‍♂️🎉 ¡Carreira de Papá Noel no descanso do partido contra o @realavila_oficial ! ✍️ Para participar, comenta etiquetando ao amigo/a co que che gustaría compartir carreira 🏟 ¡1 volta ao Vero Boquete! 8️⃣ participantes👕 O gañador levará a Camiseta Oficial do Compos🥳🎽 Inclúe o traxe de Papá Noel e o regalo dunha Bufanda do Compos🎟️ Inclúe entrada para o partido📢 Como participar?✅ Sigue a @ascancelas e @carrerapapanoelsantiago✅ Menciona a 1 amigo/a nos comentarios 👫🗓️ Dispoñible ata o venres ás 21:00 horas#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎁🎟️ RECORDA 👉 cada Abonado (+16 anos) pode retirar unha INVITACIÓN para o partido deste domingo📲 Só dispoñible ONLINE✍️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 APOIA aos nosos na despedida do ano na nosa casa! 🩵🤍📸 Jesús Figueroa / Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Recorda que temos en marcha a Campaña de Abonos de Media Tempada⚽️ E que inclúe o partidazo deste domingo no Vero Boquete contra o Real Ávila CF 💻 Abónate e apoia aos nosos!👉 sdcompostela.compralaentrada.com #quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 A recuperar a senda da vitoria! 💪 Queremos o triunfo na nosa casa! 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 15/12🕠 17.30 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎁🎄 RECORDA, cada Abonado +16 anos pode retirar ONLINE unha invitación de balde para a súa mesma zona🚨⏰ OLLO! O partido moveuse ás 17.30h#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Regreso aos adestramentos esta tarde co obxectivo de recuperar a boa senda de resultados⚽️ Cinco sesións para preparar o partidazo na nosa casa contra o Real Ávila CF #composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.